Ceo profundo


 

Durante este outono  na Biblioteca  Castrillón  contamos coa exposición fotográfica  “Ceo profundo” que mostra  unhas fermosas imaxes realizadas  por membros  da Agrupación Astronómica ÍO,   un grupo de aficionados á  astronomía  que ademais de gozar con ela conseguen transmitirnos a sua paixón.

Dende a biblioteca queremos agradecer esta iniciativa e como sabemos que son moitas as crianzas apaixonadas por esta temática,  pensamos en acompañar a exposición cos nosos contos e libros informativos que xiran en torno a esta ciencia.

 

Pop-up Luna é unha novidade. Os pop-ups sempre nos gustan, pero ademais neste caso contén gran cantidade de datos e curiosidades.  Este libro de Anne Jankeliowich, editado por Edelvives,  é moi recomendable.

Achegarse ao mundo da astronomía da man do profesor Astro Cat e os seus amigos espertará a curiosidade  sobre este fascinante mundo.  O doutor en física cuántica Dominic Wallian  creou  este personaxe, o  profesor Astro Cat,   un intelixente gato  ao que acompañaremos nas súas aventuras para descubrir os misterios do universo.  Uns fantásticos libros publicados por Bárbara Fiore Editora.

 

Outros libros informativos que vos recomendamos e  que podemos atopar nas Bibliotecas Municipais son os seguintes,  lembrade que no catálogo podemos comprobar a súa dispoñibilidade.

  • Adivina, adivina : el universo / Mariona Cabassa. Anaya, 2019.
  • ¡Mira al cielo! /  José Ramón Alonso  e Beatriz Barbero-Gil. Juventud,  2017.
  • Desde el Universo hasta la Tierra / Catherine Barr y Steve Williams e Amy Husband. SM, 2017.
  • El zorro curioso y las estrellas : una historia sobre la luz y la gravedad / Róbert Farkas. Lumen, 2019.
  • El zorro curioso y el universo : una historia sobre el Big Bang / Róbert Farkas.Lumen, 2018.
  • Preguntas fascinantes sobre los planetas /  Inna Chernyak. Luis Vives, 2019.
  • Guía turística del Sistema Solar / Mariano Ribas, Carla Baredes  e Javier Basile. Iamiqué, 2018.

Nas bibliotecas tamén descubriredes moitos contos e cancións nos que estrelas e planetas, a lúa  ou  o sol son os protagonistas; recomendámosvos algúns dos nosos favoritos e animámosvos a visitar a biblioteca do barrio e levar contos en préstamo para a casa. 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: