Lecturas infames


O cheiro a castañas, o particular comezo do cole, as follas secas, as visitas á biblioteca para encher de libros as nosas tardes… Nestes tempos nos que toca reinventar os medios seguimos coas mesmas ganas e ilusión. Dende a Biblioteca Forum dámoslle a benvida ao mes de Novembro cunha selección lecturas moi especiais para facerlle unha homenaxe ás mulleres malvadas da literatura xuvenil.

Estes libros fanse máis especiais grazas ao acompañamento das impresionantes ilustracións que atrapan a calquera lector ou lectora. Lecturas infames, imos alá!

Alicia no país das marabillas e a Raiña de corazóns.

A historia conta como unha nena chamada Alicia cae por un buraco, atopándose de súpeto atrapada nun mundo moi particular.As obras de Lewis Carroll remítennos  a unha sociedade Victoriana chea de personaxes do máis variopintos.

Se existe unha raíña impredecible sen dúbida é A Raíña de Corazóns. Unha monarca salvaxe con moito poder e malicia. Esta edición que vos presentamos, da editorial Edelvives, inclúe o texto completo e orixinal ao que se une a visión tan poética da ilustradora Rebecca Dautremer .

Alicia é unha historia que encandea a grandes e pequenos. Unha lectura moi recomendable! pero tede coidado de non enrabietar á raiña, non sexa que se lle dé por mandar cortar algunha cabeza.

Na biblioteca Fórum Metropolitano contamos con varias obras ilustradas por Rebecca : O pequeno teatro de Rebecca”, “Princesas esquecidas ou descoñecidas”, “Elvis, Cyrano”, “Namorados”, “Babaiaga” ou “As ricas horas Jacominus Gainsborough”. Todas dispoñibles para levar en préstamo!

Coraline e a outra nai

Ao pouco de mudarse á que será a súa nova casa, Coraline séntese soa e aburrida, os seus pais están demasiado ocupados para prestarlle atención. Inspeccionando a casa atopa unha porta que non dubida en atravesar,  tras ela atópase unha casa e unha familia igual á súa. Por todos é sabido que as aparencias enganan e se es tan perspicaz como a nena protagonista desta historia, é moi probable que non te deixases enganar por unha das personaxes, sen dúbida, máis infames da nosa escolleita de lecturas. Baixo a súa doce aparencia agóchase a “Outra nai” que en realidade é un espírito demoníaco cuxa misión é arrebatar as almas e os ollos das súas vítimas.

As ilustracións en branco e negro de Dave Mcknean fan a compaña perfecta  neste relato de terror e fantasía de Neil Gaiman para o lector e a lectora xuvenil. Lectura terrorífica moi recomendada pero moito ollo co que desexas!

Na sala infantil da biblioteca Fórum  poderedes atopar  outras novelas do autor desta obras, para rapaces e rapazas de entre  7 e 14 anos coma:  “O día que cambiei ao meu pai por dous peixes de cores”, “Os lobos da parede”, “O libro do cemiterio”, “O cemiterio sen lápidas e outras historias negras”, “O galáctico, pirático e alieníxena viaxe do meu pai” ou  “Odd e os xigantes de escarcha”.

Brancaneves e a Raiña máis fermosa do reino

Superficial e envexosa é culpable de ofrecer comida envelenada á súa fillastra,  á raíña máis fermosa do reino non lle treme o pulso á hora de recorrer á maxia negra e ao engano para conseguir o seu escuro propósito. Os Irmáns Grimm foron os encargados de poñer por escrito este relato “Brancaneves“, alá polo século XIX e no 2011 o clásico foi ilustrado por Benjamin Lacombe e publicado pola editorial Edelvives.

Na biblioteca temos a sorte de contar con numerosas obras do ilustrador Parisino con títulos coma: “Os amantes bolboreta”, “Xenealoxía dunha bruxa”, “Melodía na cidade”, “Cereixa Guinda”, “A nosa señora de París”, “Ondina”, “María Antonieta : diario secreto dunha raíña … entre outros”.

A Gran Bruxa de Roald Dahl.

A historia das bruxas trata sobre un neno que coa axuda da súa avoa enfrontarase á terrible asociación de bruxas de Inglaterra, que están comandadas pola súa temible raíña, a Gran Bruxa. Unhas bruxas que neste relato son moi difíciles de identificar se temos en conta que a súa aparencia é do máis corrente. A gran Bruxa, pequena é bonita en aparencia, pero ten a todos atemorizados, mesmo ás súas propias compañeiras. o protagonista lamentará en máis dunha ocasión cruzarse no camiño destas bruxas.

O ilustrador Quentin Blake, acompaña ao autor en cada unha das súas obras creando unha perfecta simbiose entre eles.

Retrato de Roald Dahl debuxado por Quentin Blake

Deixámosvos unha escolleita dalgún dos seus libros dispoñibles na biblioteca: “O vigairo que falaba ao revés”, “Que noxo de bichos!; e O crocodilo enorme”, “Matilda Charlie e a fábrica de chocolate”, “O superzorro”, “A jirafa, o pelícano e o mono”, “Contos en verso para nenos perversos”, “James e o pexego xigante”, “Charlie e o gran ascensor de cristal”, “O dedo máxico”, “A marabillosa medicina de Jorge“.

Dende as bibliotecas seguimos compartindo historias, regalando tempo aos nosos usuarios e usuarias e todo o noso agarimo. Seguimos!

#bibliotecassegurasbmc #lecturasinfames #salasinfantilesbmc #bibcoruna #recomendanosbmc #lecturasinfames #bforum #roalddahl #quentinblake #benjaminlacombe #brancaneves #irmans #Davemacknean #neilgaiman #coraline #lewiscarrol #lix #lecturasxuvenil #alicianopaisdasmarabillas #raiñadecorazons #granbruxa #aoutranai #bibliotecasinfantiles #bibliotecas #literaturajuvenil

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: