Desde a Biblioteca Fórum Metropolitano queremos compartir unha serie de recursos que agardamos vos sexan de utilidade durante este outono.

Comezaremos coa rima “Un baño de estrellas” de Tamara Chubarovsky que, para estes momentos en que o contacto se nos ten prohibido, pode servirnos para fortalecer os lazos afectivos mantendo a distancia de seguridade. Tamara no seu vídeo dá dúas versión: unha onde se mantén a distancia e outra onde dá ao bebé unha forte aperta mentres realiza a rima.

Como xa vimos no obradoiro de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento” que nos presentaron Tamara e Raquel Penín faláronnos das múltiples funcións dunha rima de poucos segundos sendo capaz de: centrar e activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vencellos e o contacto co medio, ademais de achegar alegría, benestar e autoestima.

A seguinte recomendación fáivola Beba, que segue moi, pero que moi concienciada da importancia de ter as mans ben limpas, e non deixa de insistir que os/as nenos/as laven as mans varias veces ao día e que este sexa un momento divertido. Por iso Beba adaptou durante a pandemia un poema popular, cunha fermosa melodía para que os/as nenos/as xoguen mentras lavan as mans concienzudamente.

Como xa sabedes, podedes virnos visitar e empregar o sistema de préstamo no seguinte horario. Agardámosvos!