Viaxar en familia, unha fermosa experiencia


Viaxar en familia é unha experiencia que vai enriquecer tanto aos máis pequenos como aos adultos. Vai permitir fortalecer os vínculos entre pais e fillos, desenvolver a imaxinación e crear un pouso de coñecementos na memoria.

Viaxar desde unha idade temperá conleva aprender a respectar aos demais, abrir a mente, practicar a tolerancia, respectar a natureza, adquirir flexibilidade e paciencia, incentiva as ganas de coñecer e alimentar a curiosidade innata dos pequenos. Daniel Ruíz.

Durante o traxecto, ata chegar a destino vaiamos en coche ou en calquera outro medio de transporte, debemos prepararnos para poder realizar algunha actividade para que o bebé poida ir entretido. Resulta divertido xogar a dicir que é o que vemos pola xanela ou contarlles os contos que máis lles gustan (podemos darlles unha sorpresa se o acompañamos dun monicreque novo). 

Non nos podemos esquecer da súa mantiña para durmir ou do seu boneco preferido, pero un dos recursos máis empregados é escoitar música e así poder cantar todos xuntos. Por iso confeccionamos unha lista de reprodución que vos axude nos traxectos ou nos momentos de agarda, e que ao bebé lle faga pasar un intre divertido ou lle axude a relaxarse e durmir. Nesta lista de Spotify incluímos cancións populares para cantar todos xuntos, algunha peza de música clásica e melodías instrumentais de ritmo tranquilo. 

Dalle ao play e… que empeze a soar a música!

 

Tamén podemos desfrutar dun momento pracenteiro cos contos destinados a ser cantados en vez de lidos, como os da Colección “La Cereza”, da editorial Combel e escritos por Mar Benegas, á cal pertence o conto de “Ñam, ñam” que vos presentamos a continuación.

Como vedes, a Colección “La Cereza” trae no seu interior un código QR para poder descargar a canción no voso móbil. Hai outros contos, que non traen código QR pero que podedes adaptar e cantar cunha melodía que vos preste; como por exemplo o conto de “Que esconde o pequeno Edu?” que vos presentamos no post anterior titulado: “Xogando coa natureza“.

Agardamos pasedes unhas boas vacacións!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: