GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS VERÁS QUE VERÁN


Case sen darnos conta chegou de novo o verán, unha das épocas favoritas de moita xente: o sol, os días longos, o cheiro a mar, a bosque, as sardiñas, o churrasco, a música dos festivais e as verbenas… Moitos plans por cumprir e moitos días por diante para realizalos. 

Sen dúbida, e máis que nunca, temos ganas de descubrir lugares novos e emocións diferentes. Porén, as Bibliotecas Municipais aportamos o noso gran de area con libros que vos farán viaxar coa imaxinación no espazo e no tempo, rir a gargalladas ou estrelecer co medo, lembrar épocas pasadas ou agudizar o enxeño ante un misterio. 

Na guía de lectura VERÁS QUE VERÁN atoparedes unha coidada selección de libros infantís e xuvenís, clasificados por idades e categorizados por tipos de lectura. Podedes atopalos nas Bibliotecas Municipais, expostos nas salas de maneira que os poidas ver con facilidade, ou nas librarías da contorna. 

Aquí vos deixamos a un amigo que vos vai explicar moi ben os asuntos da guía 🙂

Agardamos que o gocedes, a lectura en verán é o mellor plan!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: