Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía


Como todos os anos, rematamos o programa de Bebencontros cunha actividade especial para tod@s vós. Nesta ocasión, convidamos o pasado sábado 20 de xuño a Raquel Penín coa participación de Tamara Chubarovsky a falarnos de “Psicoloxía evolutiva, aprendizaxe e ritmo. Rimas con movemento”.

Tamara Chubarovsky define as Rimas con movemento® como simples e efectivas, como un recurso ao alcance de todas e todos, económico e sempre a man. Combinan movementos e sons que axudan ás crianzas para contrarrestar estes excesos e carencias da nosa época, axudándolles a madurar o seu Sistema Nervioso Central. Unha rima de poucos segundos pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vencellos e o contacto co medio, ademais de achegar alegría, benestar e autoestima.

Raquel Penín explicounos no obradoiro que as rimas con movemento contribúen a que os cativos vaian conectando co seu corpo e cos seus ritmos corporais, aportándolles seguridade, confort e ledicia. A continuación, deixámosvos unha pequena mostra do que aprendimos nesta xuntanza.

Se gostades e queredes profundar no tema, Tamara Chubarovsky ten unha canle de Youtube onde podedes ver estas e outras rimas en aberto.

O pasado 6 de xuño rematamos as sesións de  Bebeteca cun Bebencontro virtual compartido nas distintas redes sociais das Bibliotecas Municipais da Coruña, Beba amosounos unha “nova normalidade”: contemplou á natureza e visitou ás súas amizades. A poeta Olga Patiño agasallounos recitando tres poesías da súa autoría adicadas a Beba e á Bebeteca do Fórum. Contámosvos dous contos da editorial Kalandraka, da colección “Do berce á Lúa”, “Veo, veo” e “Animais”. E rematamos a sesión danzando coas pelotas bailarinas Bolboreta e Vagalume ao compás de Ara Malikian. Pero… mellor o vedes por vós mesm@s!

Seguiremos estando en contacto  convosco desde o blog das Salas Infantís das Bibliotecas Municipais da Coruña coas nosas recomendacións, tamén podedes consultar a guía VerásqueVerán con recomendacións moi refrescantes e lembrar que AsBibliotecariasContan continúan no período estival os venres, ás 11:00 horas nas nosas redes sociais de Instagram, Twitter e Facebook. Feliz verán!!!!

Unha opinión sobre “Despedimos a temporada dos Bbencontros en moi boa compañía

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: