Festa de CantoConto!


Benvidos á festa fin de curso de CantoConto!. Este ano, como non podemos celebralo con vós en persoa, será unha festa virtual!! Así que ide buscando sitio en primeira fila e poñédevos cómodos que imos comezar.

A Pitiña Mariña pasou o confinamento co seu amigo Dalilo, e ata celebraron xuntos o Día do Libro e o Día das Letras Galegas. Hoxe vén ela presentar a sesión final con todas as bibliotecarias de CantoConto!

Ana e Alicia da Biblioteca do Castrillón

Marta e Bego da Biblioteca do Forum Metropolitano

Merce, Emma e María da Biblioteca Sagrada Familia

Que alegría ver as compañeiras de CantoConto! cantando e bailando a canción de Pablo Díaz, Imos contar un conto que nos explica como temos que estar para escoitar os contiños. Mariña deunos unha gran noticia: contar con Bea Campos de Migallas Teatro!! para a festa final é todo un luxo!!

Moitas grazas pola túa arte, Bea!! Sempre é un pracer escoitarte. Agardamos verte pronto polas nosas bibliotecas.

Chegou o momento de lembrar o moito que gozamos esta tempada!

Pero nesta corentena as bibliotecarias non paramos. Tamén fixemos tres sesións virtuais dende as nosas casas! Ben completiñas!! Cantando a canción de Pablo Díaz, como non podía ser doutro xeito: Imos contar un conto, editado por Kalandraka. Contamos o conto ¡Shh! tenemos un plan de Chris Haughton da editorial Milrazones; Nadarín, de Leo Lionni publicado por Kalandraka. Para nada sucias de Wanja Olten e Manuela Olten, editado por Tukatuka. Noutra sesión contamos Coelliño Branco de Xosé Ballesteros e Óscar Villán da editorial Kalandraka. Na última contamos Salvaje de Emily Huges editado por Libros del zorro rojo e Animales parecidos de Emilio Urberuaga editado por Anaya. Enlazamos coa canle Kalandraka TV para ver a Bea Campos contando Que fai falta? de Gianni Rodari e Silvia Bonanni editado por Kalandraka.

Pois con Bea Campos rematamos e só nos queda desexarvos que pasedes un bo verán cheo de libros! Coidádevos moito e esperamos que para o curso que vén podamos volver gozar xuntos dos contos!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: