A palabra, un agarimo para o bebé


Hoxe é a gran festa da Lingua Galega e desde as Bibliotecas Municipais unímonos a esta celebración cunha campaña que se está a celebrar desde o  día 11 empregando o cancelo #DesconfinarALingua. E que mellor maneira de desconfinar a lingua que a través da melodía suave e doce da poesía, transmisora das palabras primeiras.

Os nenos precisan desde que nacen escoitar verbas, xa que contribúe a formar unha grande rede de palabras no cerebro, que en plena actividade, é capaz de absorber unha cantidade inxente de información en prazos relativamente curtos. O cerebro do bebé está máis aberto que nunca sendo o período de máis creatividade, como nos demostran as novas técnicas da neurociencia

Ler, cantar ou recitar aos máis pequenos é fundamental para o seu desenvolvemento. As cancións, as rimas e a poesía conéctannos de xeito especial cos bebés e constitúen un excelente recurso para potenciar as habilidades fonolóxicas xogando coa linguaxe. 

Desde sempre o xogo e a poesía tradicional estiveron unidos nunha soa expresión. Os xogos, as rimas de movemento, as ladaíñas, as adiviñas, as cancións, os arrolos e os poemas que xogan coas palabras onde o ritmo e o son resultan inseparables, exercen unha gran fascinación no neno quedando  gravadas na súa memoria.  

Estas manifestacións artísticas permitiron desde sempre aos máis pequenos actuar con dinamismo e confianza ante o mundo que lles rodea. 

Conservar a nosa tradición oral é unha riqueza que representa o que somos e mantén viva a nosa cultura. A continuación deixámosvos cunha pequena escolma destas representacións artísticas.

Hoxe en día podedes atopar unha gran variedade de contos para os máis pequenos  cunha   magnífica recopilación deses refráns, adiviñas , cantigas,  contos  rimados… de tradición popular.

Tamén encontraredes libros para estas idades onde os seus autores  convídannos a xogar coa melodía das súas  rimas e  as súas  imaxes que se atopan  en perfecta harmonía.

Como xa dixemos ao principio, na bebeteca do Fórum cremos na importancia da poesía, das rimas e das cancións nas primeiras idades e tamén da importancia da linguaxe xestual, por iso, para rematar Beba convídanos a desfrutar do poema “Cando se abre un conto” recitado con signos de LSE, escrito pola poeta Olga Patiño.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: