Desconfinando a lingua: Os contos favoritos da biblioteca Fórum


As bibliotecarias da biblio infantil do Forum, co gallo do Día das Letras Galegas, preguntámonos cales son os nosos contos, de autorxs galegxs e/ou escritos en galego, favoritos. Eses que contamos mil e unha veces e que quedaron gravados para sempre nos nosos corazóns. Eses que lograron conquistarnos pola súa temática, que nos fixeron estar máis tolas do que xa estabamos e que nos contaxian a risa cada vez que os re-lemos. Eses que disfrutamos tanto lendo a soas como rodeadas de familias. Cales serán?. Aquí tedes o resultado:

Axente Riciños. El hematocrítico e Alberto Vázquez. Xerais. A Alba encántalle este envorco ás historias clásicas que fai El Hematocrìtico neste álbum ilustrado por Alberto Vázquez. Un percorrido por varios clásicos da man da Axente Riciños, unha nena moi observadora e curiosa capaz de resolver calquera asunto que se lle presente, aplicándollas a todo o mundo. Plantándolle cara aos ananiños por ter explotada a Brancaneves, a esta por non revelarse; ao oso pai e osa nai por ter unha cadeira rota con medo a que esnaquice a cabeza o seu pequeno… Axente Riciños non deixa monicreque sen cabeza. O que màis lle gusta deste libro é o humor e a retranca que se esconde en cada unha das súas follas que convida a lelo en voz alta e pasar un momento moi divertido de risotadas.

Frederick. Leo Lionni. Kalandraka. Bego o ten claro, Frederick consegue tocarche a alma en cada páxina. O maior dos poetas con orellas de rato.Nesta narración van pasando os días e  os ratos recollen alimentos para o inverno. E Frederick, non traballa? Si o fai, el recolle entre outras cousas os raios de sol, os recordos e as palabras.  Frederick ama a vida e os pequenos momentos e sempre está aí para lembralos,  para cando fan verdadeiramente falta. Unha lectura lenta e suave que permite recoller a poesía agochada nas ilustracións e as palabras do case perfecto Leo Leoni.

Loboferoz. Patacrúa. OQO Editora. Para Marta, este contiño de seguro cambiará moito a opinión de aqueles que pensan que os lobos sempre son os malos dos contos. Dun antigo conto popular ruso, reescrito dun xeito moi divertido cun argumento moi claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e unha linguaxe áxil e sinxela, acompañado dunhas ilustracións estupendas de Chené Gómez, coñeceremos as andanzas dun lobo que, por non se esforzar, só comía papas de arroz ata que un día decidiu converterse nun lobo feroz. Pero a astucia dunha cabra, un burro, una ovella, unha vaca e un porco darán ao traste coas “famélicas” intencións do protagonista do conto.

Nicomedes, O pelado. Pinto e Chinto. Kalandraka. Se ten que elexir un só conto en galego, para Iván, Nicomedes sería o gañador. Según nos conta: É un deses contos que podes contar unha e outra vez sen aburrirte. Encántame as obras que exploran o “nonsense” na literatura infantil e ésta, ademáis de ser ser delirante e divertidísima: axuda a espertar a imaxinación dxs peques, a loitar contra a adversidade, a pensar en solucións creativas ante os problemas e a aceptar a diferencia. Case nada.

Números. Leo Lionni e Antonio Rubio. Kalandraka. E imos con outro conto de Leo Lionni, esta vez a medias con outrx dxs nosxs autores favoritxs. Mar non tivo a menor dúbida á hora de elexir. Unir nun pequeno conto ós entrañábeis ratiños que aparecen na historia de Frederick, e sumarlle a tenra historia que Antonio Rubio crea para eles con rimas sinxelas, alegres e divertidas é unha idea xenial e o seu resultado é extraordinario. O conto comeza cun “ratiño só é algo chorón” ao que, pouco a pouco e ata que chegan a dez, se lle van sumando ratiños que nos mostran situacións reais do día a día. Ao final teremos “dez ratiños e unha foto”.

Vaia enleo Timoteo. Gracia Iglesias e Sara Sánchez. Miau. Para Xiana non foi doado escoller… un entre tantos contos, vaia reto!. Finalmente opta por este libro que presenta unha divertida historia de humor cunhas lindas ilustracións, e rimado!. Este é un conto que podedes ler un cento de veces sen vos cansar, até mesmo aprendelo de memoria! Nesta narración, o xabaril Timoteo ten un problema co aseo… el pensa que é un galán, mais cheira como un marrán. Un día a súa amiga, a cabra Tomasa, indícalle o seu desaliño con moito cariño. Máis amigos axudarán nesta aventura, algúns dos cales aparecen noutros títulos das mesmas autoras, por se aínda estades querendo máis!​

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: