Xogando cos sentidos!


Neste mundo dixital no que vivimos, ás veces esquecemos o marabilloso de aprender cos sentidos. As crianzas máis pequenas están descubrindo o mundo e temos moitísimas cousas ao noso redor para estimular e axudar ao seu  desenvolvemento.

Hoxe presentámosvos unha escolma de actividades sinxelas que  podedes realizar na casa, cas que gozaredes vos e as vosas crianzas descubrindo sabores, aromas, cores, texturas,…

É importante ter en conta que a maioría destas actividades emporcallan un pouco, por iso é preciso poñer roupa cómoda e algo para non manchar moito o chan.

E, alá vamos!!!

Comezaremos coa expresión artística!! Imos utilizar dúas técnicas diferentes de pintar, e precisaremos colorante alimenticio.

unoMateriais: iogur natural, cuncas, cartón con forma e colorantes alimenticios.Iogur e colorante

Como facer: Mesturar nas cuncas iogur e diferentes cores de colorante, o cartón con forma será o noso lenzo. Poden pintar coas mans, os pes, e se vai a boca non ten problema, xa que é comestible!!

dosMateriais: auga, cubeta de xeo, paus de madeira, colorante alimenticio, como lenzo podemos usar dende papel ata unha superficie plástica.Xeo para pintar

Como facer: Nesta ocasión coloreamos a auga e a poñenos na cubeta de xeo cun pau. Metémola ao conxelador e cando estea, conxelado xa teremos as pinturas listas. Tamén podemos engadir algunha flor para que sexa aínda máis bonito.

Agora, unha arqueoloxía caseira!!! É un xogo moi divertido, que esperta a curiosidade dos pequenos e pequenas xogando coas texturas, co descubrimento…e atopamos grandes tesouros.

Fariña con floresMateriais: cunco, fariña, diferentes materiais para agochar na fariña (flores, xoguetes, pezas de madeira, follas…) un coador e unha cunca. Cos máis grandes podemos usar unha brocha ou pincel.

Como facer: Agora imos comezar a nosa incursión arqueolóxica!!! Todo listo!! Podemos facelo de diferentes maneiras, deixalos investigar acompañándoos, ou guiar o xogo, mostrando como teñen que facer co coador, ou co pincel.

Estas son algunas ideas que podedes poñer en práctica na casa.

E velai vai unha escolma de libros que ampliará o voso ideario de xogo.

Na plataforma de préstamo de libro dixital GaliciaLe podedes atopar:

Pero non esquezades que nas Bibliotecas Municipais temos miotísimas cousas para poder xogar cos sentidos, idear novos xogos, experimentar, fomentar a curiosidade…

estas en cascarilleiro

Para rematar vos deixamos unhas ligazóns de blogs moi interesantes, que sempre está ben un pouco de axuda e ver como funciona na práctica.

https://www.creciendoycriando.com/category/juego-y-materiales/

https://www.mamaextraterrestre.com/category/a-jugar-2/

https://www.instagram.com/ene_azk/?hl=es

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: