1º BEBENCONTRO VIRTUAL DA B. ÁGORA


Benqueridas familias!

Xa que os Bebencontros presenciais de momento non se poden realizar, dende a Biblioteca Ágora decidimos facervos unha sesión virtual o pasado sábado 25 de abril! 

Como sabedes, os Bebencontros son o medio que temos as Bibliotecas para transmitirvos ás familias a importacia de achegarlles os contos aos bebés dende moi pequenos, para así crear e potenciar uns bos hábitos de lectura. 

A sesión que fixemos está baseada no esquema corporal e no recoñecemento do “eu” e, por suposto, en como os contos poden axudar neste importante proceso.

O esquema corporal é a imaxe mental ou representación que cada un ten do seu corpo, grazas ao cal o bebé pódese situar no mundo que lle rodea. Elabórase dende que o neno ou nena nace ata os 12 anos. Na primeira etapa, ata os 3 anos, descubre o propio corpo en relación cos obxectos e as persoas. A adquisición do esquema corporal é fundamental, dado que é a base para adquirir diferentes aprendizaxes, construir a súa propia personalidade e relacionarse. En definitiva, para desenvolver as habilidades básicas dunha persoa.

Para tratar estes temas escollimos dous contos moi especiais:

  • Mi Cara, de Margarita del Mazo e Cecilia Moreno, da Editorial Cuentos de Fábula.
  • ¿Le pondremos un bigote?, de Mar Benegas e Lalimola, da Editorial Combel.

A maiores, destes contos, tamén traemos unha SORPRESA! Como este é un Bebencontro algo distinto e non podedes estar con nós, queremos que vos animedes a participar no noso challenge!! So tedes que facer unha foto en familia poñéndovos un bigote e subila ás vosas redes, utilizando o hashtag #lepondremosunbigote. Non vos esquezades de citar ás Bibliotecas Municipais da Coruña!

Que? Tedes ganas de velo? Dádelle play ao seguinte vídeo! 

Para rematar, queremos recomendarvos unha selección de libros relacionados coa temática:

  • Deditos y cosquillitas, de Ana Pelegrín e Shula Goldman, da Editorial Espasa Calpe. 
  • Bebés maravillosos, de David Ellwand, da Editorial Corimbo.
  • Frankenstein: el primer libro anatomía, de Jennifer Adams e Alison Oliver, da Editorial Coco Books.
  • De pies a cabeza, de Eric Carle, da Editorial Kókinos. 
  • Visages, de Zoe Miller e David Goodman, de Éditions des Grandes Personnes. 
  • Leaf Man, de Lois Ehlert, da Editorial Harcourt. 

Aínda que os dous últimos non os temos nas Bibliotecas Municipais, o resto poderedes atopalos unha vez abramos ao público de novo.

Esperamos que vos gustara e que pasárades un bo momento! Moitos bicos e ata o próximo Bebencontro, familias! 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: