As mans cóntannos


O pasado 23 de abril, Día do Libro, e ata o 30 deste mesmo mes as Bibliotecas Muncipais da Coruña lanzamos a campaña  #MollámonosPoloLibro, baixo este lema as bibliotecas fixemos unha aposta por dar visibilidade e reivindicar o traballo de todos os axentes do sector do libro: libreirxs, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecarixs e lectorxs.

A lectura está a ser unha das mellores ferramentas para combater a soidade, o desánimo, o aburrimento, a tristura, a tensión ou o enfado, por iso, máis que nunca debemos facer unha homenaxe ao libro.

Está a servir de consolo, de axuda para estreitar os vínculos entre as persoas e de estímulo para as nosas mentes e a nosa creatividade.

A celebración desta festividade ten de ficar na lista de cousas pendentes a facer cando saiamos do confinamento: agasallar ese libro especial a esa persoa especial.

Nós #MollámonosPoloLibro

E ti, móllaste polo libro?

Entre tanto temos que seguir mantendo a distancia social e respectar o confinamento. Porén, nestes días, aínda complicados, tamén podemos extraer conclusións positivas, e especialmente para os máis cativos, como foi a diminución do ritmo diario e o aumento do tempo en familia, para gozar e compartir.

 

Por iso, pensamos que é moi importante aproveitar este tempo para descubrir novas formas de comunicación entre os nosos seres queridos.

Nas nosas sesións de Bebeteca sempre recomendamos que exploredes cos máis pequenos a lingua de signos como un medio de comunicación e aprendizaxe diferente, sen voz. Tal vez sexa este momento idóneo para probar unha actividade divertida e moi estimulante, que fortalece o vinculo afectivo co bebé.

Por que ensinar lingua de signos a un bebé?

O neuropsicólogo Álvaro Bilbao responde a esta pregunta:

1. Porque algúns estudos suxiren que aprender a comunicarse con lingua de signos pode contribuír a adquirir antes a linguaxe así como un maior desenvolvemento intelectual cando a crianza ten 5 ou 7 anos de idade.

2. Porque cando falamos de axudar a un/unha neno/a para desenvolver un apego seguro falamos de que unha das características máis importantes consiste en atender as súas demandas e necesidades e, para iso, é importante entender o que nos quere dicir.

3. Porque axuda en moitos momentos a reducir a frustración que senten os bebés entre 9 e 18 meses de idade ao non poder transmitir o que queren aos seus pais dunha maneira intelixible.

4. Porque, alén de divertido, é un xeito óptimo de comezar a comunicarte co teu fillo,coñecelo e comprendelo.

Como moitos sabedes Beba, esa pequeña regadeira que vive na Bebeteca, o que máis lle gusta son os contos sen boca!!!

Deixámosvos con Beba

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: