CantoConto!


pitiña MariñaQueridas familias cantocontistas, hoxe é o día do libro, unha data moi especial, e como sabemos que as crianzas estanse a portar de marabilla neste confinamento, as bibliotecarias de CantoConto decidimos crear unha nova sesión virtual para enviarvos moitos azos e todo o noso agarimo, esperamos que a gocedes!

Pois comezamos cunha sorpresa da man dunha das nosas máis queridas amigas, a Pitiña Mariña, que está a pasar o confinamento co seu amigo Dalilo. Eles tamén se suman á campaña que lanzan as Bibliotecas Municipais da Coruña, “Mollámonos polo libro“. Mandando o seu apoio a todos os axentes do mundo do libro: librarías, escritores, editores, ilustradores, narradores, bibliotecas e lectores. Eles móllanse polo libro, e ti?

E como non podía ser doutro xeito, agora toca cantar esa canción que tod@s coñecedes que nos dí como temos que estar para gozar dos contos, sabedes cal é? Claro, a canción de Pablo DíazImos contar un conto’ do seu libro disco “Tic Tac”:

A sesión de hoxe fálanos da natureza, de como debemos coidala, do respecto polo medio ambiente… e diso sabe moito unha rapariga que se criou no medio dela. Queredes saber quen é? Pois neste conto “Salvaxe” de Emily Hughes ídela coñecer:

Ás veces non reparamos que os obxectos cotiáns están feitos de materiais que só atoparemos na natureza, outra razón máis para coidala moito. Ou de onde pensades que sae unha mesa? Este conto vaivolo dicir, “Que fai falta?” de Gianni Rodari e Silvia Bonanni. Esta vez contado e cantado no canal de TV da editorial Kalandraka por Bea Campos (galego) e Carmen Elvira (euskera):

Bea Campos contando 'Que fai falta?'
Preme na imaxe para ver o vídeo

Se nos fixamos ben, os seres vivos non somos tan diferentes uns de outros, temos mesmo parecidos razoables, e incluso costumes. Non nos credes? pois fixádevos ben neste conto “Animais Parecidos” de Emilio Urberuaga:

E para rematar, deixámosvos unha canción que fala da natureza, da nosa contorna, e que leva parte da letra do poema “Adiós rios, Adios fontes” dunha das máis recoñecidas escritoras galegas, Rosalía de Castro. Pertence ao último disco de Uxía Lambona e a Banda MolonaAstronauta Sideral” e titúlase “Verdescente”

Pois ata aquí a sesión de hoxe amigas e amigos. Esperamos que desfrutarades moito dela, e lembrade que podedes prestarvos contiños a través da plataforma de préstamo electrónico Galicia Le.

Unha aperta ben grande e ata pronto!

#QuedaNaCasaele   #MollámonosPoloLibro

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: