Aprender xogando: recursos para nais e pais, 3


Os videoxogos educativos se están a converter nunha fantástica ferramenta para a formación dos nosos fillos. A gamificación nas aulas propiciou que xogos como por exemplo, o Minecraft pasen de ser algo lúdico a utilizarse para ensinar determinadas materias. Son numerosos os estudos que recollen o feito de que, utilizados, segundo criterios pedagóxicos, os videoxogos poden achegar interesantes beneficios ao mundo educativo.

Trátase dunha boa forma de aprender a través do xogo, xa que facilitan a capacidade de retención, apostan pola motivación, incentivan a participación, fomentan o traballo en equipo, alimentan a imaxinación e a lóxica e melloran a autoestima, melloran o desenvolvemento psicomotriz e desenvolven novas habilidades.

É necesario lembrar que os videoxogos educativos son complementos ao terreo educativo e, por tanto, o tempo de uso debe ser controlado por pais e educadores.

Agora que temos que estar na casa cos nenos e nenas, ofrecémosvos algúns dos videoxogos educativos máis interesantes e tamén gratuítos para pasar bos momentos coas nosas crianzas á vez que aprendemos.

Minecraft Edu: aínda que non naceu como un videoxogo educativo, a comunidade de Minecraft xa a compoñen máis de 100 millóns de usuarios. Este feito provocou que se lanzara unha versión especial de Minecraft para a Educación. O xogo de construción a base de bloques permítelles estimular a súa creatividade, aprender cuestións básicas de programación, dimensións e organización de espazos, traballos colaborativos…

Code Warriors, Hakitzu: baseándose no xénero de loita, proponnos un torneo de robots no que é necesario aprender programación para poder gañar. Tamén fomenta a creatividade porque os robots pódense personalizar mediante o uso de código web. Hakitzu ten dúas modalidades de xogo, equipo ou individual. Este xogo educativo gratis está dispoñible en iOS.

Simple Machines: dentro do apartado de videoxogos educativos que apostan polo mundo da construción e as súas vantaxes para a aprendizaxe, Simple Machines é unha iniciativa online desenvolvida polo Museo da Industria e a Ciencia de Chicago ao que podes acceder online. O obxectivo deste xogo é axudar a un robot para construír o seu mundo para o que será necesario que seleccionemos por orde lóxica as diferentes pezas que nos atopamos nun espazo.

Kokori: este videoxogo pon aos xogadores aos mandos dunha pequena nave, un “nanobot” capaz de introducirse nunha célula para estudala, ademais de identificar e solucionar os problemas que poidan ir atopando. Bioloxía en primeira persoa dividida en varias misións curtas con diferentes niveis de complexidade que permiten traballar contidos relacionados coa área de bioloxía.

September 12th: o seu obxectivo é facer reflexionar ao usuario sobre a necesidade de evitar os conflitos armados, reflectir que os máis afectados sempre son os civís e mostrar o odio progresivo que xera na cidadanía este tipo de enfrontamentos. Para iso, o título sitúa ao xogador como artificieiro dun lanzacohetes. A misión do lector é eliminar aos terroristas que se infiltran pola cidade disparando os proxectís, pero cada vez que se realiza un impacto, sempre acaba afectando aos civís que hai ao redor. Como se explica ao comezo do título, “non existen vencedores, só vencidos“.

Por mor da situación que estamos a vivir, podemos atopar moreas de recursos didácticos para os nenos e nenas, sempre houbo, pero neste período de confinamento están a nacer máis iniciativas e recursos gratuítos para compartir con todas as nais e pais que o precisen, e así axudar a facer maís levadía esta etapa.

Pero non todo vai ser aprender xogando utilizando as novas tecnoloxías, tamén podemos atopar, agora máis que nunca, as nais e pais unha chea de recursos e propostas divertidas para facer en casa coas crianzas e exercitar así a súa capacidade creativa. Destacamos os seguintes blogues que conteñen unha chea de actividades:

Fuyumi: este proxecto comezou coa proposta “ tardesparaser”,que queda plasmada en Instagram, onde se mostran as actividades que van realizando cada día a autora e os seus fillos ou en talleres con nenos e nenas. Ademais dos talleres, este blogue espera poder asesorar aos adultos que o necesiten sobre como realizar as actividades na súa casa ou aula, facendo efectiva esta nova forma de aprender que parte da curiosidade propia da infancia e posiciónanos como impulsores da motivación na súa aprendizaxe.

A Escola infantil na casa: a Xunta de Galicia puxo en marcha no mes de marzo o blog “A escola infantil na casa” que achega contidos e actividades ás familias con nenas e nenos máis pequenos. Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento.

Editorial Flamboyant: dende a editorial aportaron para esta corentena tamén, algunhas actividades gratuítas, lúdicas e pedagóxicas, para aproveitar o tempo e gozar sen saír de casa.⁠ Por exemplo, os nenos e nenas poderán crear un emocionómetro ou unha máscara do Monstro de Cores, seguro que é moi divertido, có marabilloso que é este libro, que por certo podedes atopar nas nosas Bibliotecas Municipais.

E xa para rematar, destacar que a editorial Rubio, especializada en cadernos didácticos, durante este período excepcional de alerta, permite o acceso gratuíto a materiais para repasar asuntos como a caligrafía, operacións matemáticas e problemas, ou simplemente colorear nun intre para os nenos e nenas que se están a quedar na casa e a facelo máis que mellor durante este época de crise que estamos a vivir. Faino a través dunha aplicación educativa que se pode descargar nas tablets ou smartphones, tanto para Android como para iOs.

Isto só é unha pequena selección de todo o que se pode atopar a través das redes sociais e da Internet. En concreto a través de Instagram, tamén podemos asistir a directos ou ver vídeos nos que artistas coñecidos ensínannos o que mellor saben facer para os nenos, por exemplo, por citar algúns, Luís Piedrahita ensina cada día un xogo de maxia ou Uxía Lambona e a Banda Molona que ofrece concertos a través dos directos para que os nenos e nenas bailen e se esquezan de todo.

Aproveitade o tempo que esta situación nos está a deixar para gozar dos máis pequenos da casa e aprender ao seu carón.

#quedanacasa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: