As mans e os dedos para xogar e contar


Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos.

Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e contar.

A que neno non lle gustan os xogos coas mans? Os bebés descobren as súas mans e convértense no primeiro xoguete co que se pasan horas e horas xogando. Despois, descobren as mans do adulto.

Seguro que todos nos acordamos dalgún xogo de mans que nos facian cando eramos pequenos. Lembrades este?

“Maiña morta, maiña morta, vai petar a túa porta”. O adulto agarra o brazo do neno ou nena mentras o sacude. Na últimna estrofa achega o brazo a cara do neno ou nena e peta ca man na cara.

Ou este outro?

“Este foi ó monte, este colleu leña, este foi ós ovos, este fritiunos e este gordiño comeuno todo”. Móstraselle a man do adulto o bebé mentras vai recitando cada verso sinala cada dedo da man.

Cando un bebé segue coa mirada as mans do adulto que conta este pequeno conto, está a exercitar o seu desenvolvemento visual e auditivo e, ao mesmos tempo, escoitando un dos primeiros contos con introdución, desenvolvemento e desenlace, de entre os miles que vai escoitar ao longo da súa vida. E para contalo, só precisamos a voz e as mans porque o noso corpo é un fantástico recurso para contar historias.

As historias e xogos de dedos fanse principalmente coas mans pero ás veces tamén usamos outras partes do corpo. E van acompañdos de rimas, versos ou cancións.

Exif_JPEG_420

“Palma, repalma, nena morena, como a queres grande ou pequena?. Grande, pumba. Pequena, pimba.” Mentras recita os catro primeiros versos, o adulto fai círculos co dedo indicador na palma da nena ou neno. Se a resposta é “grande” dálle unha palmadiña na man. Se a resposta é “pequena” dálle coa puntiña do dedo no medio da manciña. Se o neno ou a nena son pequenos son os adultos quen contestan por eles.

Coas nosas mans e os nosos dedos podemos crear historias. Como podemos ver neste vídeo a maestra e especialista en Pedagogía Waldford, Tamara Chubarovsky . Na sua web e na rede atoparás moitos máis videos con historias e xogos de dedos para facer cos máis pequenos.

A partir dos nove meses os bebés imitan condutas, a través de xestos e sons. Repiten xogos de palmas, xiros coas mans e similares, empeza a nomear obxetos é cando os xogos e historias de dedos axudan a desenvolver a linguaxe, a vocalización, a motricidade e a cordinación entre outras cousas.

manos

Animádevos a contar coas mans e os dedos veredes como os máis pequenos se divirten e disfrutades xuntos.

Aquí vos deixamos un video que recolle algúns dos contos e xogos de dedos que fixemos nun Bbencontro na biblioteca Os Rosales.

Apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: