Cociñando con peques


Introducir as crianzas na arte culinaria está repleto de beneficios moi interesantes para o seu crecemento. Se falamos de alimentación facilita  o coñecemento dos alimentos:

alimentos

procedencia, texturas, sabores… É máis sinxelo que sintan curiosidade por algo co que están a traballar, que algo que descoñecen.

Ademais, cociñar en familia, alén de divertido:

  • Reforza as relación familiares
  • Mellora a comunicación
  • Fomenta o traballo en equipa e colaborativo

E todo isto sen esquecer, que mellora a confianza en si mesmos ó realizaren tarefas que entenden de maiores e ven que poden desenvolver, fomentando así a súa autonomía.

Nena amasando pan

E se por riba disto, axuda o aprendizaxe das matemáticas nas crianzas máis grandes (medir, contar, pesar…) e a traballar a psicomotricidade fina e grosa nas máis pequenas, temos unha maneira de pasar un anaco en familia moi produtivo e saboroso.

Así que ímonos poñer mans a masa!!!

Segundo as idades das crianzas poderemos facer receitas máis ou menos 20200326_123415elaboradas, cas máis pequenas as receitas de amasado como pan, galletas…,que permite experimentar cas texturas, cos sabores… Tamén as receitas sinxelas como os biscoitos, nos que poden ir introducindo eles mesos os diferentes ingredientes, bater, poder observar como medra a masa no forno, é maxia!

Así que imos facer unhas galletas, esta receita atópase no libro Aprende a cocinar, daAprende a cocinar editorial Usborne, trae ideas moi sinxelas que son facilmente adaptables para facer cos nenos e nenas de diferentes idades.

Receta montada

O resultado son unhas deliciosas galletas para compartir en familia.

Como podedes ver non é preciso un libro exclusivo de cociña con nenos, senón que receitas sinxelas son facilmente adaptables aos máis pequenos.

Aquí podedes atopar unha selección de libros de cociña en formato dixital, dende a plataforma de GalicaLe, para estes momentos en que non é posible visitar a biblioteca.

Pero tamén vos deixamos unha pequena selección do que atoparedes nas Bibliotecas Municipais.

Ademais, estes vídeos móstranvos pequenas receitas para facer con peques sen necesidade de cociñado.

Non o pensedes! Cociñar cas crianzas é enriquecedor e saboroso.

Mans á masa!

#quedanacasa #euficonacasa #corunaencasa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: