Recomendacións psicolóxicas durante a cuarentena: dificultades, consellos e recursos.


Son días difíciles e sobresaltados para todas e todos. Non importa a idade e o lugar. Debemos levar o confinamento durante estes días nos nosos fogares, tanto os máis grandes como os máis pequenos, do xeito máis san posible. Neste post recollemos unha serie consellos e recomendacións dictadas por profesionais do ámbito sanitario e por organismos de carácter oficial para que pasemos a cuarentena da forma máis adecuada posible polo ben da saúde psicolóxica dos nosos cativos e cativas, e xóvenes, atendendo ás posibles dificultades que poidan xurdir durante ao confinamento.

Por iso ante as adversidades, máis que nunca, debemos apoiarnos nos nosos seres queridos e sacar proveito ao máximo desta situación. Estes días de encerro serán bos días para pasar tempo cos máis pequenos e pequenas, por exemplo, programar tarefas diversas, e incluso domésticas, nas que nos poidan axudar e, en definitiva, xogar con eles e deixarlles tamén tempo para o aburrimento.

baking-1951256_1920Tamén conforme avancen os días hai que estar atentos ás sináis que os máis pequenos e pequenas da casa poidan mostrar para actuar en consecuencia. Manter a calma e escoitar os seus sentimentos será vital. Por outra banda para os rapaces e rapazas de Educación e Secundaria, é un bo momento para realizar tarefas na casa que en moitos casos poden realizar xa en liña. As novas tecnoloxías lles permiten seguir estudando materias e consultar dudas en liña, facer exercicios …

kids-4926032_1920Os expertos tamén recomendan que o mellor no caso dos pais e nais con teletraballo é poñerse un horarios de teletraballo e poñer límites as súas interrumpcións. Algún experto ademáis apunta a que mentres os proxenitores traballan, podería ser un bo momento para propoñerlles aos máis meniños e meniñas xogar a que mentres os seus pais están traballando eles fagan como que están na escola, como un xeito lúdico de entretelos e evitar distraccións para os pais e nais que están a traballar na casa desde a cuarentena. 

Dificultades posibles cos máis pequenos

girl-609639_1920

Segundo pasan os días é posible que os máis meniños e meniñas precisen coidados e atencións vencellados aos diversos estados emocionais que poidan vivir durante o confinamento. Segundo recolle o documento “Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicoloxico” elaborado polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia é moi importante que lles digamos a verdade adaptando a mensaxe á súa idade evitando dar datos confusos ou que non entendan. 

Tamén se comenta nestas pautas que dada situación sería normal que xurda certo malestar e inquedanza nos cativos e que estes o poden expresar de moi diversos xeitos como: malestar físico (dor de cabeza, de estómago, dores vagos e difíciles de localizar…), que teñan máis ou menos apetito, ou que estean máis nerviosos ou esgotados

Poden tamén aparecer medos, din desde o Colexio, ou sentimentos de ira, rabia, enfado ou celos.  Tamén pode ser posible que lles custe prestar atención, que lles custe durmir ou teñan pesadelos. As mensaxes tranquilizadores e confiantes serán as nosas aliadas para levar aos cotivos desas emocións de desiquilibrio de novo á calma e a estabilidade emocional.

Recomendacións para a cuarentena

girl-609697_1920

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ven de publicar o caderno con consellos para pasar da mellor maneira esta cuarentena, o caderno chámase “Retrincos de cores”. Segundo o COPG durante esta cuarentena temos que ter en conta as seguintes recomendacións:

A cuarentena sería un bo momento para falar, xogar e compartir tempo cos máis pequen@s da casas.

Debemos falarlle do virus para saber como se senten

Comprería programar o seu día a día, alientando a que eles e elas participen na súa organización pero sempre tendo en conta que hai que deixar tempo para que se aburran. 

Habería tamén que conservar os seus hábitos de alimentación, lecer e sono saudables. 

Segue sendo un bo momento para coñecer e asumir os límites necesarios para o seu crecemento e para a súa convivencia como os vencellados, por exemplo, ao tempo de uso de dispositivos electrónicos.

Outra boa idea é facelos partícipes e responsables da convivencia familiar mediante tarefas domésticas vencellados con eles, como ordear o seu cuarto ou poñer a mesa. 

Por outra banda as recomendacións din que é importante que vexan en vós unha boa actitude ante o medo, a ansiedade, a tristura ou o enfado para axudarlles a pasalo máis doadamente.  

Teñen que aprender desde pequenos e pequenas a xestionar as súas emocións. O exemplo da vosa actitude ante o medo, a ansiedade, a tristura ou o enfado resultará fundamental para que poidan logralo. A vosa resposta ante os obstáculos e as dificultades será o seu modelo. 

Axudádeos a descubrir palabras como empatía, solidariedade, respecto ou tolerancia. Coñecer o seu significado contribuirá a que comprendan como se senten os demais. 

Tamén podedes fomentar a súa curiosidade e reflexión, axudándoos a parar, observar e pensar.

De feito desde o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia promoviu, dentro da campaña #quedanacasa, mensaxes de apoio e ánimo de psicólogos de emerxencias para facernos ver a importancia de que toda a familia debe buscar esa saúde exterior pero también interior e mental durante esta cuarentena:

O que queda claro é que para que so demáis estén ben de saúde o coidado comeza cun mesmo. A Xunta de Galicia tamén realiza, por tanto, unha serie de recomendacións xenéricas para os adultos entre as que se atopan: 

Pautas

Recursos psicolóxicos máis útiles

Además de pautas e recomendación psicolóxicas atoparedes información útil para a nosa saúde mental e a dos máis pequenos e pequenas nas seguintes fontes:

recomendacionesNiñoscoronavirus

  • A atención telefónica informativa do COPG estará dispoñible de 10:00 a 14:00h de luns a venres, así como a atención a través do correo electrónico. O teléfono é o 981 534 049  e o correo electrónico é copgalicia@copgalicia.gal.
  • Número de atención telefónica orientado a todas aquelas persoas que viven soas e non teñen con quen falar durante a cuarentena, facilitado polo Concello da Coruña, de luns a domingo en horario de 10 a 21 h: 900-920-500.

P_Suceso_1442865616280_860_1000_U_c57e2c75e05873ae3af0ab50d2e41086

retrincos

 

Recursos Galiciale

5fb63d4c45b928c846db2ae60aca8ede

Tamén desde a nosa plataforma de ibros electrónicos de GaliciaLe, temos unha serie de lecturas moi útiles que serán aptas para todas as idades que serían moi útiles nos complexos momentos que estamos a pasar: 

ALFAYA, AN. ¡Sireno, Sireno! [Vigo]: Xerais 2014.

ANEIROS, Rosa. Ás de bolboretas. [Vigo]: Xerais, 2015.

ANEIROS, Rosa. Xelís, o guiero das botellas do mar. Xerais, 2019.

CARIDE, Endogamia 2.0. Vigo: Xerais, 2013.

FORTES, Antón. Fume. Pontevedra: OQO, 2017.

A GRAMOLA GOMINOLA. Cancións para desafinar. Galaxia, 2019. (Sonárbore, 23).

A incrible Fifi. [S.L.] : OQO filmes, 2012.

MAMÁ CABRA. Eu cociño, ti cociñas.[S.L.]: Galaxia, 2019. (Sonárbore, 27).

MEJUTO, Eva. Maruxa. Pontevedra: OQO, 2014. (Colección O).

MEJUTO, Eva. Os tres desexos. Pontevedra OQO, 2017. (Colección O).

MÉNDEZ, Raquel. Os tres porquiños. Pontevedra: OQO, 2014. (Colección O).

RIVADAVIA, Bernardino. Marizul que soña, que soña, que soña. Pontevedra: OQO, 2017. (Colección O).

 

recomendamos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: