Aprender xogando: recursos para nais e pais, 2


O tempo de confinamento por mor do COVID-19 vaise prolongar durante un tempiño mais e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos compartindo con todas as nais e país recursos educativos para que os nenos e nenas sigan aprendendo na casa sen aburrirse e gozando da aprendizaxe.

Nesta entrada recompilamos unha selección de webs e plataformas educativas que de seguro son un recurso moi recurrido por parte das nais e país para esta corentena obrigada, e tamén moi útiles para os educadores, xa que ademáis de ser divertidas e aprender xogando, ofrecen varias vantaxes: acceso a miles de recursos educativos de forma gratuíta, están supervisadas por expertos en educación e adaptadas para cada unha das etapas da aprendizaxe de menores, ou permiten a pais e profesores dispoñer de recursos interactivos cos que amenizar a aprendizaxe, entre outras. Comezamos,

Mundo primaria: unha das grandes referencias cando falamos de plataformas educativas online para nenos. Ofrece centos de recursos e xogos TIC para favorecer a aprendizaxe de materias como matemáticas, lingua, idiomas, coñecemento do medio… Da mesma maneira, este web ofréceche a opción de descargar e imprimir fichas para colorear ou para facer exercicios.

Smartick: plataforma educativa nada en España que ten como obxectivo facilitar a comprensión numérica e explicar desde un punto de vista interactivo todo o relacionado coas operacións matemáticas. Está recomendada para escolares entre 4 e 14 anos. O rexistro é gratuíto.

Cerebriti: para todas as idades e cunha ampla variedade de materias e disciplinas. É unha das plataformas educativas online que aposta polas vantaxes dos xogos interactivos para reforzar e aprender materias escolares desde unha perspectiva de competición en liña. Da mesma maneira, inclúe outras temáticas como cinema, televisión, deportes e lecer cos que se poden expor partidas online para toda a familia.

Smile and Learn: tamén pode descargarse a través do smartphone ou da tablet e así acceder a un bo número de recursos para que o teu fillo aprenda mentres xoga. Desde unha biblioteca intelixente con contos online nunha contorna segura, ata recursos e consellos para pais e educadores de nenos entre 6 e 11 anos.

Cristic: é unha das plataformas educativas online que apostan polo xogo como vehículo para a aprendizaxe. Nesta páxina podes atopar máis de 500 opcións, clasificadas por materias e temáticas, e centradas en escolares de Educación Primaria. Da mesma maneira, tamén dispón dun espazo de consulta para profesores e familias.

Jigsaw Planet: se o que estás a buscar son plataformas educativas online para fomentar a creatividade ou outros aspectos como a atención en clase ou á concentración, esta páxina ofréceche decenas de quebracabezas, ordenados por número de fichas e por dificultade, aos que podes acceder de forma gratuíta. Da mesma maneira, permíteche subir unha foto e convertela nun xogo online para gozar en familia.

Supersaber: páxina na que cun deseño de cómic de superheroes os teus fillos poden poñer a proba os seus coñecementos de Ciencias Naturais, ortografía ou matemáticas a través de divertidas probas e competicións nas que o obxectivo sempre vai ser aprender xogando.

Brainpop español, películas animadas educativas: esta plataforma ten sete categorías: Ciencias, Sociais, Matemáticas, Saúde, Tecnoloxía, Arte e Música, e Español. Cada día publícase unha cinta para nenos de Primaria e Secundaria sobre diferentes temas, por exemplo que é o coronavirus. Como actividades complementarias a app ofrece lecturas, actividades e experimentos.

Didactalia: comunidade educativa global para profesores, nais e pais e estudantes desde a Educación Infantil ata o Bacharelato que inclúe unha colección con máis de 100.000 recursos educativos abertos. Nela, os usuarios poden crear, compartir e descubrir contidos educativos e promover clases e comunidades de aprendizaxe nas que traballar leccións nun espazo social con procuras facetadas e contextos enriquecidos. Recurso gratuíto ata o 31 de maio debido á crise do coronavirus.

Web http://aprendoencasa.educacion.es do Ministerio de Educación e Formación profesional posta en marcha ao comezo do confinamento para facilitar o acceso a diferentes recursos, ferramentas e aplicacións que faciliten ao profesorado, familias e alumnado a continuidade da actividade educativa durante o período de suspensión das clases presenciais debido ao estado de alarma.

Como vedes hai unha morea de plataformas educativas e webs para que os nenos e nenas sigan estudando na casa, en familia, para facelo mais ameno e aproveitar así o tempo todos xuntos nestes días que, aínda que parezan iguais podemos convertilos en diferentes coas actividades, xogos e aprendizaxes de cada día compartidos.

Moito ánimo a todos e todas e non esquezades que un día mais é un día menos para saír disto, e sairemos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: