Como maridar confinamento con bebés e teletraballo


O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis.

Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben!

Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que manter as rutinas como aconsellan os expertos.

Aproveitar para realizar o noso traballo cando os pequenos descansen, cando estean a facer as súas tarefas ou entretidos cos seus xoguetes, o resto do día teremos que poñer en marcha a nosa imaxinación e cociñar, pintar, cantar, ler, limpar, facer deporte… sempre xunto a eles e gozando diso.

Animarvos a realizar todos xuntos un caderno de bitácoras da corentena, xa sexa con debuxos, escribindo contos, inventado cancións ou poemas, será interesante poder recoller e plasmar como pasamos esta situación excepcional, este caderno será un recordo deste tempo que pasará á historia familiar.

Na lectura e os libros pódense atopar o mellor refuxio nestes momentos incertos e axudarannos durante o confinamento. Ao mesmo tempo que será un vínculo de unión cos vosos bebés e un xeito de medrar xuntos.

Onte día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e con este fin de promocionar os bos libros infantís, recomendámosvos a lectura dos seguintes títulos:

  • Un conto para os sentidos: “Toca toca Guau, guau / Ladybird Books Ltd”. A colección Toca-toca de Combel é unha colección para que os que aínda non saben ler comecen a manipular os seus primeiros libros mediante o xogo.
  • Un conto para acougar: Pececito blanco y la canción del mar / Guido van Genechten”. Un libro con sons para que os máis pequenos gocen escoitando melodías mariñas.
  • Un conto para o consolo: “Una pena muy dulce / Sabine De Greef“. Dunha pena tan grande hai que ocuparse. Os seus amigos están aí para gardala e arroupala, facerlle carantoñas, cóxegas e mimos. Hai que darlle tempo para que se vaia. A partir dun ano.
  • Un conto para rir: Cada animal con su orinal / Vanesa Pérez-Sauquillo”. Cada animal co seu orinal é o conto co que os máis pequenos deixarán o cueiro e aprenderán a facer pipí no orinal. O libro definitivo para deixar os cueiros.
  • Un conto para durmir: “Todos bostezan / Bijsterbosch, Anita. Un libro ideal para compartir co teu fillo o momento máxico de irse a durmir.

 

 

  • Un conto para cantar e bailar: “Cada oveja con su pareja / Estrella Ortiz”. Hai que ter coidado á hora de emparellar aos animais cos seus fillos para non equivocarse… O pitiño coa galiña… Pénsao con coidado ou podes armar un bo lio!

 

  • Un conto para soñar : “Lua / Antonio Rubio“. A colección “Do berce á lúa” está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, Lua é un poema visual recitable a base de debuxos rimados e ritmados.

 

Cando todo isto remate poderedes atopar estes títulos no catálogo das Bibliotecas Municipais, ou a través de Galicia-le  podédelo facer en liña.

Lembrade que de luns a venres ás 18:00 da tarde nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As Bibliotecarias contan! Todos os vídeos tamén estarán dispoñibles na nosa canle de Youtube, na lista de reprodución “As bibliotecarias contan”.

Ademáis da nosa lista de reprodución tamén os convidamos a visitar as seguintes páxinas para escoitar marabillosos contos e pasar este tempo o mellor posible:

Canal Lector: Canal Lector está concibido para fomentar o diálogo e a comunicación entre todas as persoas interesadas pola promoción da lectura dos máis novos.

Kalandra TV: Nesta canle de televisión da editorial Kalandraka especializada en literatura infantil e xuvenil en liña será posible coñecer aos creadores dos libros e saber máis das súas obras e do seu proceso de traballo. Ademais, este espazo permitirá descubrir os lugares onde habitan os libros e servirá tamén como punto de información de novidades editoriais, recomendacións e últimas actividades arredor do libro e da lectura.

OQO Filmes: Cinema de animación audiovisual, en stop motion, a partir de álbums ilustrados editados por OQO editora. Un espazo de re-creación cinematográfica onde conviven historias que nos propoñen novos xeitos de mirar e de mirarnos. En cada obra, un camiño de ida e volta, unha viaxe única e diferente, un mundo por descubrir e inventar.

SignaCuentos: Web en colaboración con a editorial Carambuco e o Club Signacuentos, onde atoparás materiais e actividades de reforzo para complementar os contos de Signacontos. Coas nosas actividades imprimibles, os máis pequenos poderán reforzar o aprendido da lingua de signos mentres xogan e se divirten cos seus personaxes favoritos.

Todo vai sair ben!!!

#quedanacasa #euficonacasa #eucontonacasa #euleonacasa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: