No día Día Internacional do Libro Infantil 2020 convén lembrar…


Dende que decretaron o Estado de Alarma e nos vimos coas crianzas na casa, o que máis ou o que menos recibiu indicacións da escola, do Ministerio, das editoriais, dos escritores, dos ilustradores, dos artistas, dos mediadores, dos artistas e das bibliotecarias de cómo fomentar a lectura e crear hábito lector na familia.

Pois ben, se non o había xa creado, é un bo momento para comezar. O primeiro paso é sentarse, e ler un mesmo, así que, aparca o móbil, e colle un libro, un conto ou unha revista.

Como truco para chamar a atención e que te imiten, podes ler en voz moi alta, e se ves que non surte efecto, ou que as túas dotes creativas son escasas, podes botar man dos seguintes recursos que, de maneira gratuita, a xente que sabe disto, deixou a disposición dos iniciados na arte de animar a ler.

RECURSOS RIQUÍSIMOS

GALIXA Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, sección galega da Oepli, publicou no seu blog a entrada Recursos con moita LIX para ficar na casa, unha selección dinámica de iniciativas de diversos colectivos para axudar a pasar a corentena coas crianzas.

CONTOS DOS BOS

As editoriais máis recoñecidas como Xerais, Aira Editorial e Baía Edicións puxeron dende o primeiro momento e de maneira gratuita os contos editados por eles a disposición dos usuarios a través de Internet.

E outras coma Galaxia e Kalandraka TV . Ofrecen contacontos in streaming contados polos propios autores. Un dos nosos imprescindibles é o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega). Pouca broma.

A nós, as bibliotecarias infantís, tamén nos entrou o afán de contar, (porque a iso nos adicamos a maior parte do tempo, e se nos confinan a teletraballar, pois contamos co móbil, coa tablet e co que non está inventado), e creamos #Asbibliotecariascontan na canle de tv de @bibcoruna en Instagram, e en youtube.

Se nos pidises un conto, e estivésemos na sala infantil, agora iríamos dar unha volta e buscaríamos xuntos cal é o título que máis che gusta. Quizás, nos contaras que a túa crianza aínda está empezando a ler, quizás que te preocupa que non dé arrancado, ou quizás tamén que se trata dunha persoa con necesidades específicas.

Na biblioteca, conversaríamos preto do Centro de Interese LEOBEN, porque precisamente contén eses contos que axudan, eses que explican, eses que facilitan, eses que traballan a comprensión lectora e valen para todos e todas.

Pero como non estamos, queremos deixarche aquí os recursos máis apetecibles, por se tes que recrear a hora do conto, con lectura adaptada, na casa.

CUENTOS SIGNADOS DE LA BIBLIOTECA VIRTUAL CERVANTES

http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/catalogo_cuentos_signados/

APRENDICES VISUALES

https://aprendicesvisuales.com/p/cuentos_aprendicesvisuales

ARASAAC

https://www.pinterest.es/anaescariz/contos-con-pictos/

LECTURA FÁCIL

https://www.pictocuentos.com/

PLENA INCLUSIÓN

http://www.leelofacil.org/

PLANETA FÁCIL

http://planetafacil.plenainclusion.org/libros/

SIGNACUENTOS RTVE

https://www.rtve.es/infantil/series/signacuentos/

Como che diciamos ó principio. O primeiro paso para contaxiar (¿Pódese dicir contaxiar nesta época?) o interés pola lectura é que te vexan ler a ti.

E para isto, non fai falta nada, mais que en calquera dos casos, en calquera das casas, con calquera das circunstancias: unha lectura, un adulto e unha crianza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: