Hoxe día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión. As Bibliotecas... Seguir lendo →
1º BEBENCONTRO VIRTUAL DA B. ÁGORA
Benqueridas familias! Xa que os Bebencontros presenciais de momento non se poden realizar, dende a Biblioteca Ágora decidimos facervos unha sesión virtual o pasado sábado 25 de abril! Como sabedes, os Bebencontros son o medio que temos as Bibliotecas para transmitirvos ás familias a importacia de achegarlles os contos aos bebés dende moi pequenos, para... Seguir lendo →
As mans cóntannos
O pasado 23 de abril, Día do Libro, e ata o 30 deste mesmo mes as Bibliotecas Muncipais da Coruña lanzamos a campaña #MollámonosPoloLibro, baixo este lema as bibliotecas fixemos unha aposta por dar visibilidade e reivindicar o traballo de todos os axentes do sector do libro: libreirxs, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecarixs e lectorxs. A... Seguir lendo →
CantoConto!
Queridas familias cantocontistas, hoxe é o día do libro, unha data moi especial, e como sabemos que as crianzas estanse a portar de marabilla neste confinamento, as bibliotecarias de CantoConto decidimos crear unha nova sesión virtual para enviarvos moitos azos e todo o noso agarimo, esperamos que a gocedes! Pois comezamos cunha sorpresa da man... Seguir lendo →
Aprender xogando: recursos para nais e pais, 3
Os videoxogos educativos se están a converter nunha fantástica ferramenta para a formación dos nosos fillos. A gamificación nas aulas propiciou que xogos como por exemplo, o Minecraft pasen de ser algo lúdico a utilizarse para ensinar determinadas materias. Son numerosos os estudos que recollen o feito de que, utilizados, segundo criterios pedagóxicos, os videoxogos... Seguir lendo →
As mans e os dedos para xogar e contar
Ademais da narración oral e a narración con apoio do libro, existen outras técnicas para contar. As historias poden ser narradas de infinitas maneiras. Elixir a maneira de contar depende das ganas de variar e experimentar que teñamos. Hoxe presentámosvos unha receita moi fácil de facer. Utilizar as MANS e os DEDOS para xogar e... Seguir lendo →
Cociñando con peques
Introducir as crianzas na arte culinaria está repleto de beneficios moi interesantes para o seu crecemento. Se falamos de alimentación facilita o coñecemento dos alimentos: procedencia, texturas, sabores… É máis sinxelo que sintan curiosidade por algo co que están a traballar, que algo que descoñecen. Ademais, cociñar en familia, alén de divertido: Reforza as relación... Seguir lendo →
Recomendacións psicolóxicas durante a cuarentena: dificultades, consellos e recursos.
Son días difíciles e sobresaltados para todas e todos. Non importa a idade e o lugar. Debemos levar o confinamento durante estes días nos nosos fogares, tanto os máis grandes como os máis pequenos, do xeito máis san posible. Neste post recollemos unha serie consellos e recomendacións dictadas por profesionais do ámbito sanitario e por... Seguir lendo →
Aprender xogando: recursos para nais e pais, 2
O tempo de confinamento por mor do COVID-19 vaise prolongar durante un tempiño mais e dende as Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos compartindo con todas as nais e país recursos educativos para que os nenos e nenas sigan aprendendo na casa sen aburrirse e gozando da aprendizaxe. Nesta entrada recompilamos unha selección de webs e... Seguir lendo →
Como maridar confinamento con bebés e teletraballo
O tempo de confinamento na casa por causa da pandemia do coronavirus alongarase, como mínimo, quince días máis. Se mesturamos un pouco de humor, organización de rutinas e moita dose de paciencia, todo sairá ben! Manter a calma para favorecer un ambiente o máis tranquilo posible no seo familiar é fundamental, do mesmo xeito que... Seguir lendo →