Aprender xogando: recursos para nais e pais, 1


Esta tempada de confinamento que nos obriga a estar encerradas nas nosas casas, de seguro a preocupación polo mantemento do ritmo formativo dos nosos fillos está presente na meirande parte dos fogares. As novas tecnoloxías están a xogar un papel fundamental convertíndose en grandes aliadas axudándonos a nós, nais e pais, nesta tarefa.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos recomendar a todas as familias con nenos e nenas en idade de aprendizaxe, diferentes recursos en liña cos que gozarán e aprenderán xogando. Farémolo en diferentes post, recompilando en cada unha delas diferentes recursos clasificados por temáticas.

Hoxe, convidámosvos a visitar e descargar aplicacións para smartphones ou tablets. Aplicacións gratuitas con contido didáctico que poden axudar a que os nosos fillos manteñan un ritmo adecuado de aprendizaxe desde a casa e seguir aprendendo de forma divertida as diferentes materias que se imparten nos centros educativos. Destacamos as seguintes pola súa sinxeleza e calidade:

  • Academons, aprende jugando: a aplicación da acceso a miles de actividades interactivas para nenos de 9 a 11 anos de cada unha das materias. Contén máis de 10.000 xogos educativos, donde os pais tamén poderán ver se os seus fillos realizaron as tarefas e se precisan máis actividades de reforzo grazas a que ofrece estatísticas en tempo real. Para Android e iOs.
  • Math Loops, sumas y restas: os máis pequenos poden realizar operacións sinxelas como sumas e restas a través desta aplicación dispoñible para Android e iOs.
  • Palabra correcta: esta app é ideal para que os nenos continúen practicando a linguaxe. Mediante xogos aprenden gramática e ortografía de maneira amena e divertida. Entre as súas modalidades de xogo destacan a Gramática, Inglés/Español, Diccionario ou Sinónimos. Dispoñible para Android.
  • Eduzland, aprendiendo a través de videojuegos: esta app ofrece unha contorna de aprendizaxe 100 % dixital deseñado en función de itinerarios de aprendizaxe personalizados para cada alumno. Os nenos aprenden lingua, matemáticas, literatura… a través de didácticos videoxogos. Está dispoñible para Android e iOs.

Por outra banda, para os pequenos da casa que están comezando e aprendendo a ler destacamos tamén aplicacións que dispoñen de menús intuitivos e con elas poderán aprender as letras, maiúsculas, minúsculas, sílabas, palabras ou ler frases dunha maneira divertida á vez que melloran a súa lectura, ortografía e pronunciación.

  • Aprender a Ler: aplicación ideal para que os nenos de primaria aprendan a ler, coñecer o abecedario e aprender facilmente e dunha forma divertida a gramática. Os teus fillos poderán aprender a ler de maneira entretida e interactiva. Consta de distintos apartados como introdución á lectura, vocabulario ou regras ortográficas. Para Android.
  • Leo con Grin, aprender a leer: nesta aplicación cada lección ou cartilla contén 13 xogos dispoñibles en dous niveis diferentes. Ideal para pais que buscan unha maneira de practicar e preguntar aos pequenos as primeiras sílabas e palabras. Para Android e iOs.
  • Aprender a ler con sílabas: xogo educativo didáctico que está dedicado ao desenrolo da lectoescritura dos nenos. Ideal para aprender a ler e escribir de maneira entretida e interactiva, os nenos toman consciencia de que as palabras están divididas en unidades pequeñas chamadas sílabas e así, adquiriren a capacidade de separalas. Para Android e iOs.
  • ABC Dinos, aprender a leer para niños: aprende a escribir as letras, vogais e consoantes cós seus xogos educativos, e mellora a lectura e a escritura. Xogo educativo para nenos de preescolar e primeiro grado de primaria. Para Android e iOs.
  • Lee & Aprende: xogo indicado para aprender ou mellorar a lectura dos máis pequenos de forma divertida e interactiva a través de diversas temáticas, onde aprenderán vocabulario variado a través de tres actividades ou exercicios educativos distintos. Esta aplicación está orientada a nenos, con todo, tamén é idónea para persoas que se estean introducindo no idioma e para adestrar ou axilizar a mente de persoas maiores que poidan padecer enfermidades neurodegenerativas como demencia ou alzhéimer. Para Android.
  • Aprender a Leer, Silabario: xogo educativo que utiliza a fonética para ensinar a ler ao mesmo tempo que o neno se divirte (a partir de 4 anos). A través de niveis progresivos e estruturados, descubre os sonidos, as sílabas e as ensambla. Para Android e iOs.
  • Aprender a leer y escribir en español: é unha app baseada no estudo mediante a caligrafía. Está dirixida a nenos a partir de 3 anos e é ideal para practicar a grafomotricidade e así aprender a realizar os trazos das palabras e os números. Esta aplicación favorece o desenvolvemento da psicomotricidade fina e pretende que os máis pequenos aprendan e recoñezan o abecedario, o silabario, as letras maiúsculas e minúsculas, e os números. Para Android.
  • Aprende a Deletrear y Escribir: xogo educativo para aprender a escribir, ler e mellorar a ortografía. O xogo está deseñado para nenos de tódalas idades. Axuda aos nenos a aprender a escribir e a recoñocer palabras en inglés e español. Con imaxes divertidas, este xogo axuda a mellorar as sus habilidades de vocabulario cada día. Para Android.

Ata aquí a nosa selección de aplicacións educativas coas que ter entretidos aos nenos á vez que aprenden nestes días de encerro. Esperamos que sexan do voso agrado e que vos animedes a utilizalas. Seguiremos compartindo con vós máis recursos educativos.

E lembra: #quedanacasa

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: