“Os libros sen páxinas”: ditos, recitados, xogos corporais, rimas…


As nosas bebetecas están repletas de libros de cartón duro e esquinas redondeadas, libros de tea, libros con diferentes texturas, en branco e negro, etc. Os máis pequenos poden manipulalos, pasar follas, lanzar ou levalos á boca para saborear en compañía da súa familia.

Nestes momentos, non podemos acudir ás bibliotecas pero para ler aos bebés non sempre necesitamos libros ao noso alcance.

Existen os “libros sen páxinas”, todo o legado poético e musical que está escrito na memoria e que se transmite de xeración en xeración. A tradición oral, cancións de cuna, xogos corporais, rimas, xogos de falda, retrousos, ditos, acompañada de aloumiños e movementos son as primeiras historias que os bebes “len cas orellas”, o primeiro contacto que teñen coa literatura e son esenciais na aprendizaxe da linguaxe.

Cinco lobiños ten a loba brancos e negros detrás da escoba. Cinco quería, cinco criaba
e a todos os cinco tetiña lles daba. “
Mentras o recita o adulto abanea a man cos cinco dedos estendidos diante do bebé.

Estes xogos son unhas das primeiras actividades lúdicas que realizamos xuntos, adultos e bebés. Caracterízanse porque sempre se basean na interacción entre ambos e porque fan unha función de acompañamento nas primeiras idades. Son xogos onde a miúdo conxúgase linguaxe, música e movemento, acompañan as accións, marcan o tempo e inciden na psicomotricidade desde os xestos máis pequenos ata os movementos máis amplos. Moitas veces centran a atención nunha parte do corpo (como as mans, no anterior exemplo), ou a cara neste outro:

Miña cara redondiña ten olliños e nariz, e tamén unha boquiña para falar e sorrir. Cos meus ollos vexo todo, e co nariz fago achís! e coa boca dou biquiños, dou biquiños para ti.” Mentras se recita ou canta imos sinalando a cara do adulto e rematamos dando uns biquiños ao bebé.

Outras son para facer rir ou xogar:

Arre, cabaliño. Arre burro, arre. Arre, cabaliño que chegamos tarde. Tres por riba, tres por baixo ata que caias do cabalo abaixo”. Sentados nas pernas dos adultos cabalgan. Cando o adulto di “abaixo” ágarrase forte polas mans e simulase que caen.

E tamen outras veces son para abrazar e aloumiñar:

“Aperta, aperta,
corazón de manteca.”

Recítase mentras nos abrazamos.

A sonoridade das palabras e o contacto físico, no primeiro ano de vida,resultan fundamentais. Cando collemos aos nosos bebés no colo para recitarlles é un momento de intimidade e gozo que reforza o vínculo afectivo xerando vivencias e sentimentos compartidos.

Para acceder a tradición oral viaxemos á nosa infancia, aos nosos recordos e chamemos aos nosos maiores, nestes momentos de soidade máis que nunca, preguntémoslle e lembremos en familia os nosos propios “libros sen páxinas”. Recuperemos da memoria dos maiores e das nosas o valor das palabras, dos recitados, dos xogos corporais, dos xogos no colo.

Neste vídeo Lorena da biblioteca Os Rosales comparte algúns dos ditos e xogos corporais que lembra da súa infancia.

E vós familias, lembrades algún?

Na páxina https://orellapendella.gal/ podedes atopar ditos, recitados, xogos, cancións, etc. E ademáis é unha páxina aberta a colaborar cos ditos, recitados e cancións que coñezades ou descubrades estos dias preguntando os nosos maiores. Sumémonos a esta iniciativa para recuperar os ditos da nosa cultura, chamemos e preguntemos os nosos maiores!

Apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: