#AsBibliotecariasContan desde a casa!


Hai unha semana lanzabamos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña a proposta #AsBibliotecariasContan, unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla.

De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)… As  bibliotecarias contan! #QuedaNaCasaeLe #corunaencasa

Deste xeito, todas e todos respectamos con responsabilidade o #QuedaNaCasa e seguimos gozando de fermosos contos, neste caso na modalidade virtual pero coa mesma dedicación, emoción, agarimo e coidado que nas salas infantís das nosas bibliotecas.

Ata o momento estes son os contos que as compañeiras Memé, Sara, Lupe, Natalia e Reme compartiron con vós:

La luna

Escrito pola premiada autora e ilustradora belga Anne Herbauts e publicado na editorial Kókinos.

Unha historia circular que comeza co final de cada día e remata co amencer do día seguinte. Pero… aínda que todos os días nos parezan iguais, sempre hai sorpresas!

La pequeña oruga glotona

A historia dunha pequena eiruga cunha fame enorme, escrita polo recoñecido escritor e ilustrador Eric Carle e publicada na editorial Kókinos.

O libro está cheo de buratos, observade atentos e atentas á protagonista da historia!

¡A dormir, peluche!

Escrito pola autora e pintora Claudia Bielinsky e publicado na editorial Edelvives.

Un divertido libro de solapas no que nenos e nenas poden xogar a descubrir que se agocha detrás de cada imaxe. As cousas ás veces non son o que parecen…

El libro rojo

Obra da escritora e especialista en literatura infantil e xuvenil, Mar Benegas. Publicada na editorial Litera Libros.

Un libro sinxelo e atractivo aos ollos dos máis pequenos, onde as palabras e as cores son as protagonistas a través dun xogo visual. Que cor ven os teus ollos?

El hilo de la vida

Escrito polo debuxante de cómics e autor de libros infantís Davide Cali e ilustrado por Serge Bloch. Publicado en Ediciones B.

Un fermoso libro ilustrado, galardoado co Premio Baobab de Álbum Ilustrado 2005 e recomendado para todos os públicos. Un emotivo percorrido pola vida dunha personaxe desde a máis tenra infancia ata a madurez, prestade atención e sentide o fío vermello!

Esta tarde, por vez primeira, a sesión de contacontos se emitirá en directo no noso perfil de Instagram. Tomade boa nota da cita e a gozar das historias!!

Todos os vídeos tamén estarán dispoñibles no noso canal de Youtube, na lista de reprodución “As bibliotecarias contan.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: