Aulas Galegas


Aulas Galegas é un portal educativo creado por un colectivo de profesores e profesoras que ofrecen contidos educativos de calidade, cun claro interese lúdico e creativo.

Comezaron a súa andaina o venres 13 de marzo. Puxéronse en contacto para organizarse e traballar por seccións relacionadas coas distintas materias. Actualmente manteñen un calendario de publicacións para dotar de contidos mínimos á páxina todos os días mentres dure a corentena.

Así se presentan:

aulasgalegasAnaMoreiras
Imaxe de Ana Moreiras. Pincha para ver o vídeo do seu proxecto

Podedes atopar cada día material clasificado por nivel académico e materia, para as etapas de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Para o profesorado contan cunha sección organizada por departamentos didácticos, onde poden acceder a páxinas doutro profesorado galego desas materias.

Pero a oferta esténdese máis aló das etapas educativas. Así podemos atopar unha sección para os maiores, para exercitar a memoria ou o corpo.

exemplo video das aulas galegas

E como non podía ser doutro xeito, contan cun espazo para os libros, chamado lecturas compartidas, que xa é a nosa sección favorita.

exemplo lecturas aulas galegas

Cando remate todo isto poderedes atopar eses títulos no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña, ou se queredes ler en liña estes días podédelo facer de balde e sen contrasinal a través de Galicia-le.

       estas en cascarilleiro                                                 Galiciale

Son  moitos os profesionais da educación que dende esta plataforma están actualmente a colaborar para ofrecer ás familias unha oferta educativa diferente, porque outro xeito de educar é posible.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: