Linguaxe e bebé


 

A linguaxe é definida como un sistema de símbolos aprendidos que conteñen un significado social e lle dan a habilidade a unha persoa de clasificar as súas experiencias.

O proceso de adquisición da linguaxe establécese desde o nacemento. Nas primeiras semanas os bebés xa poden diferenciar os contrastes entre fonemas como /pa/ e /ba/.

O florecemento da linguaxe durante os dous primeiros anos da vida é universal e é un fenómeno transcultural.

As crianzas precisan involucrar varias habilidades ou destrezas para o desenvolvemento da linguaxe:

  • A primeira é a área cognitiva, xa que é na cortiza cerebral onde se recibe e procesa a información.
  • A área social-afectiva, porque a linguaxe implica comunicarse.
  • A área motora, porque as estruturas fonoarticuladoras deben funcionar de maneira adecuada para lograr a correcta articulación dos sons e a adecuada expresión verbal.
  • E a audición, porque a percepción auditiva adecuada é a base da comprensión da linguaxe.

 

Para que un bebé aprenda a falar é preciso que unha persoa adulta lle fale directamente, mirándoo aos ollos, con afectividade e coherencia. “Sen modelo, non hai linguaxe”.

Así mesmo, pódense distinguir dúas grandes fases ou etapas:

 

Para lles facilitar ás/aos bebés esta aprendizaxe é fundamental:

  • Falarlles ás nenas e aos nenos, contándolles as cousas que imos facendo xuntos durante o día: cando os vestimos, cando saímos de paseo, de compras, de visita ou cando lles damos de comer.
  • Escoitar atentamente os seus balbucidos animándoos a que se expresen.
  • Salientar a entoación e vocalizar correctamente, desta maneira facilitámoslles a comprensión.
  • Cantarlles cancións curtas e con sons que as nenas e os nenos poidan asociar con cousas que coñecen.
  • Poñer música. O persoal experto recomenda que non se limite exclusivamente a cancións de berce. As/os bebés teñen capacidade abonda para gozar e comprender outro tipo de composicións máis complexas, incluída a música clásica.
  • Contarlles contos. Ler en voz alta estimula o desenvolvemento da linguaxe, mesmo antes de que unha nena ou neno poida falar. As/os nenas/os van aprender a reproducir sons ou palabras se as oen con claridade e frecuencia e se as asocian con outras sensacións agradables que teñan un significado para elas/es.
  • Xogar coas rimas e co movemento. As rimas e os xogos infantís de movemento promoven o desenvolvemento físico e sensorial, a linguaxe e a comunicación, a capacidade de atención, concentración, memoria e imitación.
  • Evitar prolongar o uso do chupete, biberón ou alimentos triturados máis aló do ano de vida, porque poden atrasar o desenvolvemento da linguaxe.
  • Acompañar as nenas e os nenos ao longo do proceso de aprendizaxe da linguaxe.

 

É moi importante que nestes xogos se estableza unha comunicación bidireccional.

Podedes ler artigos interesantes sobre os trastornos da linguaxe en:

https://www.aepap.org/sites/default/files/lenguaje.pdf

http://psyciencia.com/wp-content/uploads/2013/11/Trastornos-del-lenguaje-diagnostico-y-tratamiento.pdf

Se queredes ver un resumo do que fixemos nas últimas sesións de Bebencontros na Biblioteca Fórum, podedes desfrutar do material gráfico que temos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

 

 

 

  • Hablar con tú bebé: Guía para comunicarte con tu bebé con la lengua de signos básicos / Mónica Beyer.– Madrid: Tursem/Blume, 2007.
  • El desarrollo del lenguaje / Jean Berko Gleason, Nan Bernstein Ratner ; traducción, Yago Moreno López; revisión técnica, José Manuel Igoa González, Alfonso J. Escudero Sanz.– 7ª ed.– Madrid: Pearson Educación, 2010.
  • El lenguaje del niño: desarrollo normal, evaluación y trastornos / Juan Narbona, Claude Chevrie-Muller.– 2ª ed.– Barcelona: Masson, 2001.
  • Mi niño no habla bien: guía para conocer y solucionar los problemas del lenguaje infantil / Mariana Vas; prólogo Carlos González.– Madrid: La esfera de los libros, D.L. 2008.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: