Hoxe, 24 de outubro, as Bibliotecas están de cumpreanos, xa que dende o ano 1997 a “Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil” promove a celebración do Día da Biblioteca tal día coma hoxe.

No noso país está adicado especialmente ao público infantil e xuvenil, e Beba non quería ser menos neste aniversario así que vos presenta unha nova selección de libros no seu curruncho.

Esta vez a temática do Recuncho de Beba é o xogo, xa que o consideramos importantísimo para a aprendizaxe e desenrolo integral dos nenos e nenas. Non esquezamos que os/as nenos/as aprenden a coñecer o mundo que lles rodea xogando, por iso, deixámosvos unha nova guía bibliográfica, desta volta adicada ao xogo.

Agardámosvos nas Bibliotecas Municipais da Coruña!!!