As vacinas


“Se dice que las vacunas salvan cada año millones de vidas humanas. Que han reducido significativamente la incidencia de muchas enfermedades infecciones logrando que vivamos más y mejor y que la salud de otros depende de que tú te vacunes. “

López-Goñi, Ignacio; Iturbide, Oihana. ¿Funcionan las vacunas?. Pamplona: Next Door Publishers, 2017.

Premio Prisma 2018. Modalidade de libros editados

Vacinar as crianzas é a actividade de prevención primaria máis efectiva que se coñece, e grazas a ela salváronse moitas vidas.
Aínda que as melloras da hixiene, o saneamento e a salubridade da auga axudan a protexernos das enfermidades infecciosas, moitas delas poden propagarse independentemente do aseados que sexamos. Sen vacinación, enfermidades que se volveron raras, como a tose ferina, a poliomielite ou o sarampelo, poden reaparecer rapidamente.

Breve historia das vacinas

O cirurxián Edward Jenner (1749-1823) revolucionou a loita contra a varíola. Publicou un texto onde plasmou, despois de vinte e oito anos, un estudo baseado na observación empírica de que as persoas infectadas pola varíola desenvolvida no gando vacún, fanse resistentes á varíola humana. A este método jenneriano denominóuselle vacina, e por iso o seu descubridor é recoñecido mundialmente como o pai da vacinación.

España foi un dos primeiros países en adoptar este método con Francisco Piguillem y Verdaguer (1770-1826)

Mais non foi até 1944 coa Lei de bases de sanidade cando se declarou obrigatoria a vacinación contra a varíola e difteria en España, conseguindo a súa erradicación en 1954.

Durante o século XX a vacinación foi unha das medidas de maior impacto na saúde pública, xa que coa súa administración conseguiuse diminuír a carga da enfermidade e a mortalidade por enfermidades infecciosas na infancia.

Que significa vacinar unha crianza?

Vacinar significa introducir no corpo do neno microbios (bacterias ou virus) mortos ou atenuados, os cales fan que se estimule a fabricación de anticorpos (defensas), pero sen producir a enfermidade clínica, aumentando a resistencia do seu organismo fronte ás enfermidades infecciosas.

Cales son os obxectivos da vacinación?

O obxectivo de vacinar de forma sistemática toda a poboación infantil é duplo:

  • Individualmente: evita que unha crianza padeza unha enfermidade determinada
  • Colectivamente: pretende a eliminación da enfermidade nun grupo de poboación

Que vacinas teñen que recibir todas as nenas e nenos?

CALENDARIO DE VACINACIÓN INFANTIL DA CONSELLARÍA DE SANIDADE (SERGAS)

calendario_vacinacion_infantil_2017

Vacinas a debate

Os movementos antivacinas sementan moitas dúbidas no relativo á seguridade e á efectividade das vacinas infantís [1], pero en xeral, a necesidade de vacinar é aceptada en todo o mundo. Coas vacinas acadouse, por exemplo, que enfermidades como a da varíola fose mundialmente erradicada.

Dita negativa formula un conflito de valores entre o dereito das nais e pais á crianza das súas fillas e fillos segundo as súas crenzas e  pon en risco a saúde doutros. En España, a vacinación é voluntaria, deixándolles capacidade de decisión ás familias e non sendo obrigatorio o cumprimento do calendario oficial de vacinación. Nalgúns países están cambiando a lexislación debido ao repunte de enfermidades evitables por medio das vacinas, como é o caso do sarampelo e outras enfermidades.

[1] Kneissl, Georg. Las vacunas: medicina convencional y medicina naturista. Barcelona: Herder, 2002.
Costa Vercher, Enrique ; García Blanca, Jesús.Vacunas: una reflexión crítica a partir de la historia de la Medicina y de los últimos descubrimientos en Biología. Madrid: Ediciones i, 2015.

recomendamos

Para máis información, podedes consultar nas Bibliotecas Municipais da Coruña, entre outros, os seguintes títulos:

FUNCIONAN VACUNAS   LAS VACUNAS GEORG KNEISSL  vacunas derecho elegir   carlos gonzalez    

Lembrade que temos un espazo especialmente dedicado ás familias “Nais e Pais”, onde encontraredes información para axudarvos dende o embarazo até á adolescencia. Podedes consultar o catálogo premendo aquí

Onde atopar información na Internet?

Se queredes ver as fotos dos  últimos bebencontros, consultade a nosa galería de Flickr,

Sen máis, despedímonos, agardando vervos no próximo bebencontro!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: