Radio BuleBule na Biblioteca da Sagrada Familia


Paco Nogueiras vén presentar o próximo 4 de outubro na Biblioteca Sagrada Familia, “Radio Bulebule”, o seu novo traballo despois de “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música – Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

Radio Bule Bule

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense a modo de grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico. Un espectáculo musical e visual para toda a familia.

Tomade nota:

Para nenos e nenas de  3 a 8 anos o vindeiro 4 de outubro de 18 a 19 horas na Biblioteca Municipal Sagrada FamiliaCalle Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña.

Inscricións dende a nosa web.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: