Contos no Samaín

Durante estos días son moitas as familias que se achegan á biblioteca na procura de contos para celebrar o Samaín, polo que pensamos  que vos podería interesar esta pequena selección con algúns dos nosos favoritos. Comezamos coñecendo un pouco da tradición galega con O noso Samaín  de Loretta Birott Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón... Seguir lendo →

“Contos do chupete” con Migallas Teatro.

O próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos unha celebración moi especial na de Monte Alto: recibiremos a Migallas Teatro nun encontro para familias con nenos e nenas de 2 e 3 anos. Con eles cantaremos, bailaremos e escoitaremos unhas historias fantásticas. Deixádevos contaxiar pola alegría de Migallas e reservade a vosa praza na... Seguir lendo →

Comezan os Bebencontros 2018/19

Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2018-2019 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebés de 0 a 24 meses a oportunidade... Seguir lendo →

Radio BuleBule na Biblioteca da Sagrada Familia

Paco Nogueiras vén presentar o próximo 4 de outubro na Biblioteca Sagrada Familia, "Radio Bulebule", o seu novo traballo despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: