A igualdade a través dos contos: o meu corpo é meu


Unha das preguntas máis recurrentes que recibimos as bibliotecarias é a que ten que ver con recomendacións de lecturas para traballar  ou explicar éste ou outro tema aos cativos e cativas.

E un dos temas que máis inquedanzas está xenerando é o de como contribuir a igualdade e a coeducación entre nenos e nenas a través dos contos, neses primeiros achegamentos á lectura. Por iso, convidamosvos a asistir aos obradoiros “O meu corpo é meu: a Igualdade a través dos contos” dirixido a familias para traballar diferentes aspectos de educación para a igualdade entre nenos e nenas, e que forma parte da programación do Centro de Planeamento Familiar da Coruña na celebración do seu 35º aniversario.

Nestas actividades, que se celebran en todas as bibliotecas da rede, abordarase a educación afectivo-sexual a través dos contos infantís, falando de recursos bibliográficos recomendados e facendo fincapé nas pautas que nos permiten valorar se un conto ten elementos que fomentan a igualdade e a coeducación, ou se, pola contra, alimentan a desigualdade entre nenos e nenas.

A igualdade a través dos contos
A igualdade a través dos contos

Nestes obradoiros, dirixidos a familias e docentes, abordaremos temas como:

  • Dereitos das nenas e nenos sobre o seu corpo e o contacto con outras persoas
  • A experiencia afectivo-sexual, que supón, e a aprendizaxe dos límites
  • As diferenzas da experimentación do corpo das nenos e nenas (estereotipos e como afecta na construción das nosas identidades e relacións cotiás e con nós mesmos e mesmas)
  • Prevención de abusos sexuais e de violencia

Montse Vilar, experta en xénero, identidade e cultura, será a encargada en dinamizar a actividade. Os obradoiros son gratuitos, pero que é necesaria a inscripción que podedes facer xa dende a nosa web:

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Sagrada Familia

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Monte Alto

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Castrillón

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Rosales

.: Obradoiro O meu é meu no Punto de Servizo de Mesoiro

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Durán Lóriga

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Ágora

.: Obradoiro O meu é meu na Biblioteca Ágora

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: