Prende no colo: obradoiro didáctico


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do Programa Apego, organiza un obradoiro didáctico “Prende no colo” o vindeiro 10 de maio (17 h.) para familias con crianzas de 0 a 3 anos da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego.

prende no coloPRENDE NO COLO é o título deste obradoiro destinado a familias con crianzas de 0 a 3 anos, no que aprenderemos cancións de berce para arrolar ás máis pequenas, pero tamén xogos e cancións infantís para implicar e axudar ás familias no proceso de aprendizaxe e de transmisión da nosas tradicións e da nosa lingua; dende cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descuberta e recitados sinxelos.

A asistencia ao obradoiro é de balde, pero cómpre inscribirse dende o 7 de Maio ata  o día 10 a través da web do Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

programa apego

** O programa Apego, é un programa colaborativo que desenvolven 23 concellos de Galicia e que promove a socialización en galego da primeira infancia e procura a transmisión da nosa lingua dende o ámbito familiar.

As familias que estean agardando un bebé ou que teñan crianzas de 0 a 6 anos poden inscribirse no programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: