O recoñecemento de sí mesmo


O desenvolvemento do concepto de sí mesmo

Pode caracterizarse, en boa parte, como un proceso de diferenciación: diferenciando o “eu” dos demáis, os obxectos humanos daqueles que non o son ou ben, un suxeito en particular frente a outros.

A diferenciación do “eu” supón adquirir un sentido de sí mesmo como entidade separada, física e psicolóxicamente, e distinta de calquera outra entidade, sea humana ou non.

Recoñecemento físico

O recoñecemento de un mesmo é imprescindible para interactuar co mundo que nos rodea. O neno cando descubre o mundo que lle rodea está creando ralacións entre el e as persoas e, mediante o recoñecemento do seu corpo, constrúe o seu espazo e as súas limitacións tomando consciencia da cada unha das súas partes coa axuda dos sentidos.

¿Que se entende por esquema corporal? É a representación mental que o neno ten do seu propio corpo, das súas posibilidades e limitacións para manexarse no seu mundo máis próximo. Por iso, a medida que o neno recoñece o seu propio corpo e o domina, facilitarase a incorporación das aprendizaxes.

¿Como adquiren os nenos un bo esquema corporal? A mellor maneira é mediante a exploración do mesmo. A exploración do seu corpo débese facer mediante a acción e o movemento, e na idade temperá que mellor maneira de facelo que mediante a psicomotricidade.

O esquema corporal non é algo fixado dende o nacemento senon que vai evolucionando durante o noso desenvolvemento, é unha elaboración mental progresiva que dependerá da historia e das propias vivencias de cada un. Por outro lado, hai algúns factores que interveñen no control corporal, como é o equilibrio, a coordinación, a lateralidade e a organización espacio-temporal.

Autocoñecemento

O autocoñecemento dos nenos desenvólvese continuamente ao largo da infancia, e atópase relacionado co desenvolvemento doutros procesos cognitivos e de socialización. Xunto co coñecemento de que existen independientemente das cousas que lle rodean, os bebés comprenden a súa actuación persoal, é dicir, comprenden que poden ser axente ou causa dos acontecementos que teñen lugar na súa contorna. Esta actuación persoal desenvólvese a través das primeiras interaccións con aquelas persoas que os rodean.

Pautas para favorecer o desenvolvemento da identidade

  1. Favorece unha autoestima sá. Os estudios demostran que ten unha influencia determinante no desenvolvemento da identidade.
  2. Móstralle unha imaxe axeitada de sí mesmo. Xa que a primeira opinión de sí mesmo apóiase na imaxe que lle ofrecen os máis achegados.
  3. Fomenta o desenvolvemento das súas habilidades sociais.
  4. A súa autonomía é tamén moi importante para o desenvolvemento da identidade. Deixa que faga cosas por sí mesmo.
  5. Pregúntalle que é o que quere e que é o que lle gusta no canto de decidir por el/ela.
  6. Deixa que sean eles mesmos e proporciona un clima donde se poidan expresar con confianza e sen medo ou vergoña.
  7. Non coartes a súa identidade. Nalgunhas ocasións marcamos o camiño que deben seguir os nosos nenos e non lles deixamos trazar o seu propio camiño.

Proposta

A os bebés menores de 6 meses encántanlles os espellos porque reflexan a luz. E a partir de esta idade séguenlle entusiasmando porque dalgún xeito empezan a intuir que a imaxe que ven reflexada  é a súa.

A partir dos 6 meses de idade o neno debe empezar a familiarizarse coa súa imaxe, ainda que por un segundo se recoñeza, axiña se esquecerá, e volverá a encontrarse.

recomendamos

PARA ELES

Este queixo queixolán / Antón Cortizas, Juan Ramón Alonso. — Zaragoza : Luis Vives : Tambre, D.L. 2004. Libros para bebés/bb

El pequeño Edu se viste / Linne Bie.– Barcelona : Juventud, 2005. Libros para bebés/bb

Este soy yo / Liesbet Slegers. — Zaragoza : Edelvives, D.L. 2014. Libros para bebés/bb

Vístome / Liesbet Slegers. — Vigo : Tambre, cop. 2009. Libros para bebés/bb

¿Qué te pico la hormiga de los pies a la barriga? / texto, Isaías Isabel ; ilustraciones, Pablo Prestifilippo.– México : CIDCLI, 2003. Libros para bebés/bb

Un niño / Mónica Gutiérrez Serna. — Boadilla del Monte(Madrid) : S.M., cop. 2004. Libros para bebés/bb

Mi primer libro de cosas que me gustan / Xavier Deneux. — Madrid : SM, D.L. 2016. Libros para bebés/bb

¿Le pondremos un bigote? / Mar Benegas; Sandra Navarro. – Barcelona: Combel, 2015. Libros para bebés/bb

PARA NAIS E PAIS

El cerebro del niño explicado a los padres / Álvaro Bilbao.– 6º ed.– Barcelona : Plataforma, 2016. 159 BIL cer/Nais e pais (r)  

El cerebro del niño : 12 estrategias revolucionarias para cultivar la mente en desarrollo de tu hijo / Daniel J. Siegel y Tina Payne Bryson.– Barcelona : Alba, 2012. 159 BIL cer/CantoConto/Nais e pais (b)  

Todo un mundo de emociones : la misteriosa vida emocional del bebé / Montserrat Morán ; Eliza Fodor (dir. y coord.).– Madrid : Pirámide, D.L. 2011 159 MOR tod/ Nais e pais (s)  

Todo un mundo de sensaciones : método de ayuda para padres y profesionales aplicado al período inicial de la vida / Elizabeth Fodor, Mª Carmen García Castellón, Montserrat Morán.– Madrid: Pirámide, D.L. 1999. 159 FOD tod/ Nais e pais (am)  

Estes e outros exemplares podédelos consultar no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ademais, se gostades de desfrutar das fotos das últimas sesións dos Bebencontros na Biblioteca Fórum, podedes velas a través da Galería Flickr das Bibliotecas Municipais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: