Recursos Bebencontros Biblioteca Fórum 2: os sentidos


Como sabedes, as nosas sesións de Bbencontros na Biblioteca Fórum están cheas de momentos nos que se suceden diferentes estímulos como os sons, a palabra, as luces, as imaxes, o silencio, favorecendo o encontro do bebé co libro, espertándolle todo un mundo de sensacións.

Dentro dos recursos que empregamos habitualmente temos:

Os susurradores: son tubos de cartón decorados que serven para transmitir poesías ou coplas populares recitados ao ouvido. Deste xeito tratamos de achegar a palabra, a poesía e os cantos populares ás familias. Como por exemplo este anaco de canto de berce popular galego:

1ª Sesión Bebencontros (13 a 24 meses) na Biblioteca Forum

“Soniño, sono, péchame este ollo,

pouquiño a pouco, péchame est’outro.

Ten conta soniño de me despertar,

que as pombas e as quicas teño de gardar.”

Contos de Beba sen boca: Como xa comentamos nun post anterior, “Contamos coas mans“, seguimos a empregar a lingua de signos para estimular e centrar a  atención dos bebés nas mans e no silencio, practicando así outro xeito de comunicación, co que os pequenos son moi receptivos. Gustounos o conto “máis curto” do mundo, de Augusto Monterroso, pola súa sinxeleza:

“Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí”

Pelotas bailarinas: Como xa falamos tamén noutro post anterior , “A música impacta no cerebro do teu bebé“, a música clásica é de suma importancia no desenvolvemento cognitivo do bebé . Por iso o xogo coas nosas pelotas bailarinas, que cambian de cor e danzan ao son das Estacións de Vivaldi, constitúen un gran  estímulo visual e auditivo.

Xogo de máscaras: Dado o tempo no que nos atopamos, o Entroido, decidimos xogar cos bebés a convertirnos en diferentes animais ao son dunha música propia. Elaboramos unhas máscaras en goma eva para poder transformarnos nun león, nunha galiña, nun cágado, nunha ovella, etc.

Estes catro recursos que vos relatamos, teñen gran aceptación nas familias asistentes aos Bbencontros, xa que lles brinda a oportunidade de repetilos na casa.

Se queredes ver un resumo do que fixemos nas últimas sesións de Bebencontros na Biblioteca Fórum, podedes desfrutar do material gráfico que temos na galería Flickr das Bibliotecas Municipais: galería decembro, galería xaneiro e galería febreiro.

 

 

  • Cantos de berce [CD].– A Coruña: GaliNova, D.L. 2001.
  • El sol llega tarde / Susana Peix; Anna Llenas.– Vilanova i la Geltrú: Carambuco, D.L. 2011.
  • Las cuatro estaciones / música interpretada por Sarah Chang; texto de José Antonio Abad Varela; ilustracións de Emilio Urberuaga.– Pontevedra: Kalandraka, 2012.
  • Crear y reciclar: manualidades fáciles y creativas para niños / Cristina Camarena; Meisi; Elena Ferro.– Barcelona: B de Blok, 2012.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: