Entroido, AUUUUUUUUUUUU!


Se aínda non vos decidistes de que vos ides a disfrazar este ano, estades a tempo. Ademais, merece a pena gozar das tradicións e celebrar o Entroido en familia. O máis importante é pasalo ben mentres se prepara… ten que ser un traballo en equipo. O primeiro é buscar unha idea orixinal. Cando esteades a escoller un disfrace, sobre todo con nenos e nenas, imaxinade algún tema que eles recoñezan ou que poidan gozar representando. Unha boa opción é elaborar un disfrace inspirado nun conto. Os contos atópanse cheos de personaxes e poden ser lixeiramente adaptados para realizar á súa vez disfraces para adultos.

Fabricalo desde cero pode ser tan divertido como levalo posto.

Recoñecemos que é menos complicado desde que existe Internet pero cando os contos están por medio é máis divertido. Así que, ao choio. Inspirádevos no que rolda por casa, polas librerías, polas bibliotecas… seguro que atopades os vosos personaxes favoritos.

Nós xa o temos: O Lobo

Nos contos o lobo é un personaxe por excelencia que asusta a pequenos e a maiores, que nos ensina, pero sobre todo un ser que por moito medo que nos dea sempre permanecerá na nosa fantasía, na nosa imaxinación e gústanos. Teñen fama de gandulos, gruñones, aúllan, cazan, son alborotadores e normalmente son malos malísimos pero tamén poden resultar simpáticos ou en ocasións un pouco bobos.

Na actualidade séguese utilizando a imaxe do lobo como protagonista malo ou negativo de moitas historias pero agora existen máis libros con prototipos de lobos máis amables e tratan de cambiar o seu rol, e convertelo no protagonista “bo”. Unha nova serie de creadores permitiron que se tome un respiro e, por que non?, unha pequena vinganza.

Entre tantos contos de lobos, podemos decidir se queremos converternos en “lobos feroces” ou en “novos lobos” que chegan aos corazóns de todas e todos.

Transformarémonos en lobos con grandes chapeus, camisas, pantalóns, tirantes, dentes afiados, ollos vermellos… e lentes para ver ben na noite! Si, e ademais levaremos unhas garras enormes e tentaremos poñer voz de ogro!. Como detalle, as camisa serán de flores e os tirantes levarán unha chapa co símbolo da paz. Como o vedes?

Calquera que sexa o voso personaxe de conto escollido, recomendámosvos ter en conta unha serie de detalles que farán que os vosos entroidos convértanse nunha gran experiencia:

Preparar unha canción, unha frase divertida ou un son que vos caracterice.

Os complementos son moi importantes. Ollo coas mans, os pés e o peiteado! Moitas veces esquecémonos e poden darnos o toque perfecto. Teñen que ir acorde co resto do disfrace.

Nalgunhas ocasións un golpe de efecto poden ser os artigos de broma.

Se queredes que todos vos miren… preparar o mesmo disfrace ou do mesmo tema para toda a familia ou amigos. Iso si, hai que ensaiar antes un pouco para que vos quede fetén.

Por último, hai un truco que nunca falla… a mellor dos sorrisos (ademais adoita ter efectos contaxiosos).

E para os que están a pensar no lobo como opción, aquí deixámosvos algúns títulos onde o noso amigo é o protagonista. Queda nas vosas mans a súa lectura para descubrir a verdadeira identidade de cada un deles e lembrar que nunha casa con nenos e nenas, o Entroido dura todo o ano.

Contos de lobos: PICA AQUÍ E AQUÍ Pasádeo ben, AUUUUUUUUUUUU!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: