O pranto


O pranto é a primeira forma de comunicación do bebé, con el expresa as súas emocións e comunica as súas necesidades ou o seu malestar: fame, soño, medo, tristeza, tensión, dor ou molestias. Todos os seus sentimentos e sensacións negativas váinolas comunicar mediante o pranto e os berros. Aínda que o pranto ten un patrón rítmico básico, segundo o que nos demande o bebé, este irá variando en ton ou intensidade, así por exemplo, o pranto de enfado é moito máis agudo que o pranto de cansazo. Por iso é importante que os proxenitores saiban diferenciar o pranto de angustia do pranto interesado, entender o que nos quere expresar vai ir fortalecendo os lazos de unión co bebé. Unha investigación demostra que máis aló da importancia dos lazos afectivos tamén interveñen uns mecanismos fisiolóxicos, por iso o bebé se calma máis axiña se o collemos e á vez camiñamos, se o deixamos de facer o bebé volve chorar, isto débese a que o movemento ten un poder relaxante debido a que estamos a estimular o seu sistema vestibular que fai que o bebé se relaxe máis facilmente.

Como acougar a un bebé que chora desconsoladamente? Unha vez comprobado que non ten ningunha necesidade física, para acougalo poderemos:

  1. Poñédesvos de pé, cargádelo preto do voso corpo e dobrades os xeonllos repetidamente.
  2. Cantarlle e falarlle cun ton de voz tranquilo. Xa que cantar ten unha acción terapéutica que tranquiliza os estado anímicos, favorecendo o benestar físico e psíquico.
  3. Suavemente acariñarlle as costas, o peito ou o estómago.
  4. Chamar a súa atención cun xoguete á vez que lle contades unha historia, recitades un poema ou unha nana.
  5. Levalo a dar unha volta co seu carriño ou no coche usando o asento de seguridade.
  6. Poñerlle música tranquila ou ruído, por exemplo o da aspiradora ou secadora: empregando así o son branco.

O máis importante para acougar ao bebé é que o adulto non perda a tranquilidade: “se o adulto permanece tranquilo será capaz de tranquilizar ao seu bebé”. Hai adultos que perden a calma e a paciencia nun momento determinado chegando a zarandear ao seu fillo, sen ser consciente, case sempre por descoñecemento, das repercusións que esta acción poida levar. ‘Síndrome do bebé zarandeado’.

Yo no dejaría jamás llorar a mi hijo. Ni a mi esposa, ni a mis padres ni a mis amigos. Cuando una persona a la que quiero llora, voy a ver qué le pasa e intento consolarla

Carlos González

 

 

1.- Contos sobre rabietas:

Simón el llorón / texto e ilustracións Khoa Le.– Madrid: San Pablo, D.L. 2015.

Vaya rabieta / Mireille d’Allancé.– Barcelona: Corimbo, 2000.

Rabietas / Susana Gómez Redondo; Anna Aparicio Català.– Barcelona: Takatuka, 2014.

La rabieta de Julieta / Steve Antony.– [Madrid]: NubeOcho, 2016.

2.- Nais e pais: choros e rabietas:

La ciencia de ser padres: consejos prácticos sobre el sueño, el llanto, el juego y la consecución de un bienestar emocional para toda la vida / Margot Sunderland.– Barcelona: Grijalbo, cop. 2007.

50 consejos para calmar el llanto de tu bebé / José Manuel Sanz Mengíbar, Julia Molinuevo Santos, Elisa Ruano López.– Madrid: Libsa, cop. 2009.

Llantos y rabietas: cómo afrontar el lloro persistente en bebés y niños pequeños / Aletha J. Solter.– Barcelon: Médici, D.L. 2002.

Rabietas: guía práctica para comprender y educar las emociones de tu hijo / Eileen Hayen.– Barcelona: Parenting, 2004.

¡Lo quiero ahora!: cómo tratar la impaciencia, la frustración y las rabietas / Heike Baum.– Barcelona: Oniro, 2011.

Ni rabietas ni conflictos: soluciones fáciles y definitivas para problemas de comportamiento de 0 a 12 años / Rosa Jové.– Madrid: La esfera de los libros, 2011.

No más rabietas: claves para evitar y solucionar los conflictos con tu hijo / Isabelle Filliozat; ilustraciones de Anouk Dubois.– Barcelona: Oniro, 2012.

3.- Unha de masaxes para peques, para calmar os ánimos…:

Masajes para bebés y niños: técnicas de masaje suave para potenciar una profunda comunicación con tu hijo / Margarita Klein; traducción de José Antonio Bravo Alfonso.– Barcelona: Oniro, 2011.

Masajes suaves para bebés / Michelle R. Kluck-Ebbin; [traducción de Joan Carles Guix].– Barcelona: Oniro, 2011.

Masajes y canciones, besitos y achuchones: diario de espera y bienvenida del bebé / escrito por Mercè Cazes.– Barcelona: Brisa, D.L. 2012.

Masajes para tu bebé / Wendy Kavanagh.– Barcelona: Libros Cúpula, 2006.

4.- Música relaxante:

Arrolos de salitre / Xabier Díaz, Guillerme Fernández.– [S. l.]: Salitre, D.L. 2010.

Cantos de berce.– A Coruña: GaliNova, D.L. 2001.

El bebé se duerme: cajitas de música y campanillas.– Madrid: Terra Música, D.L. 2002.

Dulces sueños.– Barcelona: Naimara, D.L. 2004.

Estes e outros exemplares podédelos consultar no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ademais, se gostades de desfrutar das fotos das últimas sesións dos Bebencontros na Biblioteca Fórum, podedes velas a través da Galería Flickr das Bibliotecas Municipais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: