Estrelas en CantoConto!


pitiña Mariña

Boas de novo, familias!

Como xa sabedes, o programa de animación á lectura en familia, CantoConto! diríxese a familias con nenos de 2 e 3 anos. En cada sesión cantamos e contamos historias sempre relacionadas cun tema de interese para os pequenos da casa.

Na sesión das Estrelas tocaba falar de novo da noite e de todo o que nela sucede, porque a noite está chea de cousas fermosas aínda  que a algúns nos dea medo a escuridade, ou os monstros, ou o coco, ou todos eles xuntos.

Para intentar mermar estes medos nada mellor que a música, como para tantas outras cousas, os arrolos tradicionais axudan na relaxación e captan a atención dos pequenos dunha forma máis positiva e sutil. Existen multitude de recursos que nos devolven ao pasado, recordándonos todas aquelas cancións que utilizaban as nosas familias para conseguir que durmíramos a gusto. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes encontrar esta selección e moito máis:

  • Duerme, duerme, mi niño : arrullos, nanas y juegos de faldas. Antoloxía de B. Oliva e ilustracións de Arcadio Lobato. Círculo de lectores, 2003.
  • Libro de nanas. Ilustracións de Noemí Villamuza e selección de Herrín Hidalgo. Ed. Media Vaca, 2004.
  • Bebés del mundo [Grabación sonora]. Terra Musica, 2002.
  • Canciones infantiles y nanas del baobab : el África negra en 30 canciones infantiles. Recopilación de Chantal Grosléziat, ilustracións de Élodie Nouhen e dirección musical de Paul Mindy. Ed. Kókinos, 2005.
  • Canciones infantiles y nanas de babushka : 29 canciones infantiles eslavas, bielorrusas, polacas, rusas, eslovacas, checas, ucranianas y viddis. Recopilación de Nathalie Sussana, producción musical de Jean Christopher Hoarau e ilustracións de Sacha Poliakova. Ed. Kókinos, 2007.pitocantor
  • Colores de luna [Grabación sonora] : nanas. Producción ideada e dirixida por Xavier Esteve. Iberautor Promociones Culturales : Factoría Autor, 2006.
  • Arrolos de salitre [Grabación sonora] de Xabier Díaz, Guillerme Fernández. Músicas de salitre, 2010.
  • Non hai berce coma o colo. Dirección do proxecto de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustracións de Mariona Cabassa. Kalandraka, 2014.
  • Armonía: música e imágenes para estimular y relajar a tu bebé. Musicoterapeuta, Isabel Luñansky, texto da psicóloga Macarena Carmona, ilustradora, Sara Rojo. Ed. Macmillan Iberia, 2009.
    lua-GA
  • Lúa de Antonio Rubio e ilustracións de Óscar Villán. Ed. Kalandraka, 2005 e o resto da colección “Do berce á lúa” desta editorial.

Todos eles dispoñibles nas Bibliotecas Municipais da Coruña.

 

Tamén hai iniciativas particulares que abordan est

 

e tema con moito gusto, como a web Elasombrario, que nos aporta recomendacións de lecturas para bebés da man de Javier Pizarro, mestre de Educación Infantil, “porque desde o principio, o noso cerebro é capaz de recibir mensaxes”.

Na web de apego.galApego.gal traballan o tema da primeira infancia desde a perspectiva da tradición e cultura galega. Levan recollidas un importante número de cancións e arrolos da tradición oral que nos axudan a recordar aquelas coas que medramos das voces de nais, pais, avós, avoas,…

Xa sabedes, para este tema e moitos máis, atoparedes recursos no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña:

Recomendamos CantoConto!

Ata pronto e esperamos vervos nas seguintes sesións de CantoConto!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: