CantoConto!: comezamos novo curso.


Ola, familias CantoConteiras! Comeza o novo curso e xa estamos de volta, desexando compartir convosco lecturas e cancións.

Despois de dar a benvida ás novas amizades que chegan as nosas bibliotecas, comezamos a sesión co noso amigo Pablo Díaz e a súa exitosa canción “Imos contar un conto“. A continuación démoslles a todas as familias unha gran sorpresa: unha nova amiga, Pitiña, acompañaranos a partir de agora para descubrirnos os seus contos e cancións favoritos. Qué ben o pasaremos todos xuntos!

Os nenos e nenas contáronlle a Pitiña moitas cousas que fixeron este verán. As bibliotecarias démonos conta de que nestes meses medraron moitísimo, e xa saben facer moitas cousas que antes non eran quén de facer. Iso tróuxonos á memoria un conto moi divertido: ¡Voy!“, de Matthieu Maudet (Ed. Océano Travesía); unha historia que nos fala dun paxariño que quería facer en por si algo que todos os peques pronto aprenderán, e toda a súa familia empéñase en axudarlle. O conto remata cunha inesperada sorpresa que provocou moitas risas.

Outra cousa que os nenos aprenderán aos poucos son os bos modais. Non é sinxelo lembrarse de pedir as cousas cun por favor e logo dar as grazas, pero con este conto seguro que será moito máis divertido non esquecerse: Por favor, señor Panda“, de Steve Antony (Ed. NubeOcho). O señor Panda quere convidar a rosquillas aos seus amigos, pero como ningún deles utiliza as palabras máxicas “por favor“, decide retirar a súa invitación, ante a estrañeza dos outros animáis. Unha historia moi educativa.

O último conto da tarde foi Frota que te frota“, de Phillis Gershator e ilustrado por David Walken (Ed. Corimbo). Unha agarimosa historia cunhas ilustracións moi tenras e un texto rimado que nos axuda a comprender a importancia da hora do baño en todas as estacións do ano.

E, para rematar unha tarde de bo comportamento, descubrimos xuntos a música dun grupo realmente divertido e con moita marcha: Chumi Chuma. Deixámosvos o vídeo da canción coa que despedimos a primeira sesión de CantoConto! deste curso:

E velaquí podedes ver o álbum coas fotos de todas as sesións de CantoConto! Se queres asistir a CantoConto, lembra inscribir ao teu fillo ou filla 7 días antes da sesión que máis vos interese.

CantoConto!: Ti podes!

Deixámosvos tamén algunhas recomendacións relacionadas con este tema para que levedes para casa:

  • ¡Vaya modales!, de Pat Thomas; con ilustracións de Lesley Harker. Juventud.
  • ¡No me dejan hacer nada!, de Thierry Robberecht e Annick Masson. Bruño.
  • Nacho ya no usa el orinal, Liesbet Slegers. Edelvives.
  • ¡Es hora de recoger!, de Jeanne Ashbé. Corimbo.
  • ¡Todo el mundo va! de Émile Jadoul. Edelvives.
  • Tengo ganas de___ , de Manuela Olten. Kalandraka.
  • ¿Puedo mirar tu pañal?, de Guido Van Genechten. SM.
  • El pequeño gran bubú, de Beatrice Alemagna. Corimbo.
  • ¡Adiós, pañal!, de Patricia Geis e Sergio Folch. Combel.
  • ¡Tengo pipí!, de Émile Jadoul. Corimbo.

Esperamos volver vervos na próxima sesión, familias!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: