Comezan os bebencontros 2017/2018


Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2017-2018 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales.

Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias con bebes de 0 a 24 meses a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura e os libros. E se aínda non sabedes que son e qué facemos nas bebetecas, lede, lede… qué é unha bebeteca.

Bbencontros das Bibliotecas Municipais da Coruña

Como acadar unha praza para un bebencontro: Preinscrición: prazas limitadas

Para poder participar nos bebencontros requírese unha inscrición previa a través da nosa páxina web www.coruna.es/bibliotecas. O prazo de inscrición ábrese 7 días antes á celebración da actividade a partir das 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para calqueira dúbida ou información podedes acudir persoalmente as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono.

Recorda que nas nosas bibliotecas contamos con ordenadores dispoñibles con conexión a internet gratuita. Así, en horario de apertura dos nosos centros, consulta horarios,  podes acceder a eles para facer a inscripción, tamén co apoio e asesoramenteo do persoal bibliotecario.

Os espazos para os nosos pequenos lectores

No resto das nosas bibliotecas, aínda que non conten cun espazo propio, existen zonas destinadas aos máis pequenos, equipados con gran cantidade de materiais de lectura en diferentes soportes para as primeiras idades, asesoramento por parte dos bibliotecarios e un servizo de préstamo.

bebeteca

Se queres descubrir  como gozan os nosos lectores máis pequenos nas sesións de anos anteriores visita a Galería Fofográfica de Flickr de Bibliotecas Municipais, Bebeteca. E para estar ao tanto de cada unha das sesións aqui tedes o calendario para este curso 2017-2018:

calendario_bebencontros_web

Así que tomade nota, porque o sábado 30 de setembro ás 10.00 h. repartimos os convites para o bebencontro para bebes de 0 a 12 meses da biblioteca do Forum do vindeiro 7 de outubro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: