Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos.
En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica e divertida posible, e éste non ía ser menos. Coma sempre, abrimos a sesión coa nosa canción de cabeceira “Imos contar un conto” do disco Tic, tac de Pablo Díaz.
Pero logo veñen os contos, e nunca son os mesmos.
Presentamos nesta ocasión ó noso amigo “Nicomedes, o pelado” de Pinto&Chinto, editado por Kalandraka e que podedes localizar en calquera das nosas bibliotecas municipais. É unha historia moi divertida sobre tódalas cousas que poden suceder nunha cabeleira nada convencional.
O feito é que todos temos características que nos fan únicos e que non debemos esquecer valorar. O seguinte título que abordamos nesta sesión foi “¡Tú puedes!” de Ole Könnecke e publicado por Editorial Lóguez nun formato moi chusquiño. “¡Tu puedes!” conta a historia dun pequeno paxariño que se atopa cun reto que lle custa afrontar. Cunha ilustración moi sinxela e expresiva, este conto consigue introducirnos na pel deste novo e simpático amigo.
Rematamos a sesión cunha canción moi inspiradora do libro-disco Alegría! de Sérgio Tannus, publicado por Galaxia na colección Sonárbore. Esta colección está composta por libros-discos para achegar a música ós máis pequenos da casa. Algúns deles xa os coñecemos en CantoConto! e forman parte da nosa lista de reprodución de YouTube.
- A escada vermella / Fernando Pérez Hernando. Kalandraka, 2015.
- El más listo / Mario Ramos. Corimbo, 2012.
- Nariz de ouro / texto de Raquel Saiz ; ilustracións de Juliana Bollini. OQO, 2010.
- Tito fai de malabarista / Guido van Genechten. Tambre, 2007.
- Todos menos uno / Éric Battut. Libros del Zorro Rojo, 2011.
- Primeros auxilios emocionales para niños y adolescentes : guía para padres / Javier Urra. La esfera de los libros, 2016.
- Abrázame, mamá : el desarrollo de la autoestima infantil y juvenil / Mª Luisa Ferrrós. Planeta, 2007.
- Cuentos para educar con inteligencia emocional : los niños de colores / Clara Peñalver; Sara Sánchez. Beascoa, 2014.
- Burbujas de paz / Sylvia Comas; Fermín Solís. Nube de Tinta, 2016.Deixámosvos unhas fotiños das sesións nas diferentes bibliotecas. Poderedes atopar máis na nosa conta de Flickr.
Deixar unha resposta