Babies, bubbles & books!

Non sabemos se pola abundancia de auga ou sinxelamente porque a nosa terra tira moito, pero na Biblioteca Ágora andamos moi mariñeiros nesta tempada. Tanto que cando tocou deseñar o Bbencontro en lingua inglesa deste curso, xa un habitual na programación anual, reminiscencias mariñas invadiron as nosas cabezas e convertemos ás criaturas con branquias nos... Continue Reading →

CantoConto!: Ti podes!

Estes días puidemos disfrutar da sétima sesión de CantoConto! deste curso. Nesta ocasión quixemos abordar o tema da autoestima. Por todas partes atopamos mensaxes que nos falan da súa importancia para a felicidade dos adultos, pero debemos recordar que podemos fomentala dende os primeiros anos. En CantoConto! adoitamos tocar temas sensibles da forma máis lúdica... Continue Reading →

A música impacta no cerebro do teu bebé

Cando as notas musicais penetran no ouvido do teu bebé non só xeneran a actividade das áreas que procesan a audición, senón que activa máis de dez rexións diferentes do noso cerebro: a amígdala e o núcleo acumbens (zonas relacionadas coas emocións), o hipocampo (que participa nos procesos de memoria), o cerebelo (encargado do ritmo)... Continue Reading →

Os previos tamén son importantes

No 2017, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil quixemos darlle un espazo tamén ós que agardan a chegada dun novo membro á familia. Presentámosvos os Pre-lotes (para futuras familias). E que son? Son  lotes ideados coa finalidade de axudar, sacar medos e divertir ás futuras mamás e papás. Neles atoparedes libros sobre o embarazo, adicados ao... Continue Reading →

CantoConto! Parabéns!

Con motivo da celebración do aniversario dunha das nosas bibliotecarias, aproveitamos esta sesión para felicitar todos os aniversarios do ano, tanto das nenas e nenos como de seus pais e nais, avós e avoas... pero, ao estilo CantoConto!, con cancións e contos. Descubrimos que a nosa compañeira estaba de aniversario, como non, a través do... Continue Reading →

Contos que camiñan…

Entendemos o viaxar como unha forma de vida, como reconforte persoal que aporta novos traxectos cheos de coñecementos e experiencias, como fonte de desfrute e diversión que permite construir historias e fixar recordos inesquecibles. Acotío e dende as nosas bibliotecas tamén viaxamos, mais o facemos dun xeito diferente: a través dos libros. Eses contos infantís... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: