Xa chegou o momento de contar e cantar historias para os máis pequenos da casa, CantoConto! está de volta e abrimos a tempada 2016-17 con Andanzas. Acaba de rematar o verán e quen máis, quen menos, desfrutou dalgunha aventura durante as vacacións. Non ían ser menos os nosos protagonistas e nós non podíamos quedar sen contárvolas.... Seguir lendo →
Os esqueletos visitan a Bebeteca Ágora
Conta a lenda celta que, fai moitos anos, na noite do día de defuntos, os espíritos dos mortos camiñaban ceibes polo noso mundo, mentres os vivos gozaban dun gran banquete. Era a noite do Samaín. A tempada de colleitas chegaba ao seu fin e dábase a benvida ao escuro inverno. Este ano os espíritos decidiron... Seguir lendo →
… unha achega ás estrelas!
"Pregúntome se as estrelas estás acendidas coa fin de que cada un·ha poida atopar a súa algún día" - O Principiño (Saint- Exupéry) Din que cada noite, o Sol se pon máis aló do horizonte e que os últimos raios pintan o ceo con infinidade de cores. Tamén din que cando chega a noite, esas cores dan... Seguir lendo →
Comezamos os bebencontros nas Bibliotecas Municipais da Coruña
Xa temos todo listo para o inicio dos bebencontros para este curso 2016-2017 que terán lugar nas nosas bebetecas das bibliotecas Ágora, Forum, Infantil e Xuvenil e Os Rosales. Os Bbencontros son sesións celebradas nas Bebetecas da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña onde bríndase ás familias a oportunidade de descubrir xuntos o mundo da lectura... Seguir lendo →