“Festa Final” en CantoConto!


Cantos sentimentos opostos tivemos estos días! Tristura porque remata CantoConto! ata despois do verán; alegría porque tiñamos o noso amigo Pablo Díaz nas bibliotecas para facer unha festa ben fermosa; ledicia de ver a tantos nenos e maiores gozar cos contos e as cancións de Pablo; mágoa porque é moi fermoso ver a biblioteca tan buliciosa e ímolo botar de menos.

Pablo cantounos canción dos seus discos, todos grandes éxitos entre os pequerrechos, e que podedes levar prestados das bibliotecas.

Pero, entre tanto e ata que chegue o outono, seguiremos visitando as bibliotecas, que non pechamos durante o verán, claro que non! E lendo e levando para casa contos coma os que nos contou Pablo: “Un becho estraño“, “Un, dous, tres, qué ves?“, “O gato lambón“, “Os de arriba e os de abaixo“, “Paco“, “Paxariña“…

Deixámosvos unhas fotos das sesións, para que vexades qué ben o pasamos. Esperamos vervos a volta do verán. Grazas, familias!

This slideshow requires JavaScript.

2 thoughts on ““Festa Final” en CantoConto!

Add yours

  1. Que ben o pasamos con Pablo!!
    Gracias á biblioteca Forum por facernos sentir TAN ben, e especialmente, GRACIAS Marta e Xiana polo voso cariño, a vosa paciencia e o voso bon facer. Marabilloso atoparse con profesionais coma vos, sen deixar de mencionar por suposto a vosa calidade humán. UN VERDADEIRO PRACER!!
    Mil bicos, votarémosvos moito de menos.

    Martín e mamá (Ana😉).

    1. Martín e Ana, o pracer é noso! Contar con público incondicional e usuarios deliciosos coma vós, fan o noso traballo máis fermoso.
      É marabilloso atopar xente tan implicada como Martín e ti no día a día da Biblioteca, e como non, en actividades de promoción lectora como CantoConto!
      Tedes un curruncho moi especial nos nosos corazóns. E tamén na Biblioteca, onde agardamos vervos para seguir a compartir momentos máxicos e descubrir novas lecturas, xa que Martín se nos fai maior!

      Bicos e apertas, Marta e Xiana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: