Din que o bo cando é breve é dúas veces bo. Nós pensamos que as cousas boas deixan un regusto tan bo que perduran no tempo e no espazo. Física cuántica ao lado, o pasado sábado a biblioteca de Ágora convertiuse nun lugar especial, desta volta cambiamos espazo e tempo para transformar a biblioteca nun lugar non novo, pero diferente. E todo para celebrar un Día do Libro que pasou voando.
Voar é precisamente un verbo que vale para conectar toda a alada compaña coa que

compartimos o bebencontro do pasado sábado. Se é ben sabida a repercusión positiva do estímulo musical e rítmico nxs bebés, o estímulo musical que pode supuxo poder asistir a
un concertó en directo na biblioteca, fixo de broche dunha sesión presentada polo Paxaro Ole, guiada polo Polo Pepe e rematada con grullas de papel como agasallo do Día do Libro.
Como xa anunciaramos tanto neste blog como en Bibliosons, a presencia de The Chinese Birdwatchers axudou a convertir a zona xuvenil da biblioteca no escenario perfecto para un desenchufado onde xs pequenxs poliñxs amosaron o efecto hipnótico da música nxs pequenxs – e maiores – que observaban e se movían ao ritmo da música.

Pode que a sesión fora breve, pode que o concertó tamén, pero a sensación de frescura que xordeu esa tarde pode ser a porta para un achegamento máis profundo aos beneficios da música no desenvolvemento cerebral das primeiras idades. E por si queredes afondar algo neste aspecto, aquí vos deixamos unha serie de referencias bibliográficas que vos axudarán a valorar este aspecto na súa nota correcta:
Deixar unha resposta