Nas sesións de Bebeteca os nosos bebés son os protagonistas e con elo queremos dicir que o interese é captar a súa atención e facelos desfrutar dese ratiño xuntos a traverso da axuda indispensable das súas mamás, papás, avoas… en definitiva da familia e, así, eles darán ben conta do que aprendemos en cada sesión, xa sexan contos, historias, cantos e por debaixo moito máis, autoestima, desenvolvemento físico e cognitivo, seguridade, propiocepción, etc.
Desta volta na Biblioteca Infantil e Xuvenil adicámonos a reinventar un clásico como é o conto dos tres porquiños cunha edición ben linda e de carrusel “Tres cerditos…y el lobo feroz” adaptado por Carmen Gil.
O propósito con esta sesión é introducir os clásicos de toda a vida incorporándoos á bibliografía que xa temos nos nosos bebencontros e, a través da música, coa axuda das mamás e dos papás e os pequenos e pequenas que nos acompañaron na fría tarde deste sábado, contamos o conto.
Eran tres cerditos que vivían en el bosque
Ría ría rataplán…vivían en el bosque
O lobo despóis de moito soprar e intentar facer o mal, escapou escaldado e agochouse…
Eran tres cerditos que jugaban en el bosque
Ría ría rataplán mientras el lobo no está
Cucú?? Y el lobo donde está?
Foi así como introducimos o xogo do Cucú-trás, primeiro contando dous contos como son Pío-Pío e Ñac-Ñac de Jonathan Litton nos que atopamos distintos animais da granxa e da selva agochados e logo xogando cos peques tapándonos cunha tea… deste xeito afianzamos moito máis a presenza individual de cada un deles dentro do grupo e síntense seguros de que están ahí, que se esconden e que aparecen e non pasa nada e lles rechifla sabelo e… entón que pasou?? que ao final o lobo tamén quixo xogar!
A sesión dos máis peques coincidiu en pleno Entroido e decidiron xogar a disfrazarse co Señor Coc ou inventarse novos animais co Ganejo e coa Varvo, unha forma moi divertida de disparar o maxín.
Por suposto, se queredes ver máis fotos destas sesións así como outras anteriores, dádelle un clic ao Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña
E recordade que todos estes libros e moitos máis podédelos atopar nas nosas Bibliotecas!
Deixar unha resposta