O pasado sábado tivemos unha sesión de Bbencontro moi especial na Biblioteca do Ágora, chea de rimas, cores, números e… ratos!
Comezamos practicando a sonoridade co conto acumulativo “El cumpleaños del ratón”, de Antonio Santos, onde ademais coñecimos a unha chea de animais diferentes.
E como a sesión ía de ratos… continuamos co conto “Cores”, de Antonio Rubio e Leo Lionni, achegando ós máis pequerrechos ao ritmo e a rima con versos sinxelos e ratiños de moitos cores: azul, verde, amarelo, vermello…
“Ratos de todas as cores, que bailando semellan flores”
Neste post gustaríanos afondar un pouco na figura do gran Leo Lionni, considerado un dos pioneros do libro-álbum.
Leo Lionni (Amsterdam, 1910-Toscana, 1999) publicou o seu primeiro libro infantil en 1959, ao que seguiron máis de corenta títulos aclamados pola crítica especializada. Moitos deles podédelos atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña: “Nadarín”, “Frederick”, “O soño de Matías”, “A casa máis grande do mundo”, “Números”… e moitos máis.
O seu primeiro conto, “Pequeño azul y pequeño amarillo”, xurdiu por casualidade, para entreter aos seus netos nunha viaxe en tren, utilizando anacos de papel de cor a modo de personaxes. O estilo de Lionni é inconfundible: técnicas sinxelas, abstracción e collage, que revolucionaron a ilustración dos libros infantís.
“En todos sus libros, compone pequeñas e importantes fábulas que aleccionan sobre la vida, pero no para moralizar, sino para permitir al niño reencontrarse con su propio mundo y ofrecerle una alternativa segura” (Ana Garralón. Clásicos infantiles: Leo Lionni)
Se vos apetece coñecer un pouco máis sobre este autor podedes ler este artigo, que Ana Garralón escribiu para a revista Babar.
E non vos esquezades de visitar a nosa galería de Flickr coas fotos da nosa sesión, para que vexades o ben que o pasamos! Esperámosvos no próximo Bbencontro!
Deixar unha resposta