Un conto sempre e unha boa idea para disfrutar do tempo en familia e como se achega o Nadal pensamos en adicarlle esta sesión aos avós xa que eles sempre nos coidan , nos miman e nos contan fermosas historias coas que disfrutamos de maneira especial, pero nesta ocasión son eles os protagonistas .
Falamos da importancia das relacións interxeracionais co conto: “El jardín del abuelo” nesta historia, faise un percorrido pola vida dun home que está comezando a esquecer e, que esculpe as suas vivencias nos arbustos do seu xardín coa axuda e complicidade do seu neto. Conta con unhas delicadísimas ilustracións de Lane Smith, nas que xoga co protagonismo do verde das figuras que crean xuntos, sobre o fondo branco.
Outro conto do que disfrutamos xuntos, foi “Regalos” no que se demostra o agarimo e xenerosidade que desprenden as avoas polos seus netos sendo quen de multiplicar por 10 a seu único agasallo, para repartilo coa sua decena de netiños.
E como en toda boa troula, rematamos cantando e bailando a pegadiza e alegre canción “Miña abuela Manuela” do CD de Pan de millo do grupo Migallas.
Antes de marchar recomendamos lecturas, como non, e máis nestas datas nas que podemos aproveitar para agasallar aos nosos cativos con fermosas historias para compartir en familia.
Unha sorte poder compartir tempo de agarimo e contos, cos nosos pequechos de 2 e 3 anos e as suas familias.
Tamén aproveitamos para presentarvos a guía de Nadal, unha selección de pequenos tesouros que nos gustan para regalar nestas datas. Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado e que implica pensar moito nos que o reciben; por iso, os títulos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos nas bibliotecas municipais durante estas datas.
Aquí tedes algunha das fotos que sacamos durante as sesións, hai moitas máis na galería de Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña. Boas festas!
Deixar unha resposta