Hola, doutor! en CantoConto!

Esta semana, coa chegada do frío e as primeiras choivas, algunhas bibliotecarias caeron enfermas dun grave constipado. Pero o peor do asunto era o medo terrible que tiñan de ir ao médico! Menos mal que algunhas compañeiras, moi solidarias, atoparon a solución: buscar na biblioteca os mellores contos para acabar con ese medo. Coa súa axuda e... Continue Reading →

Rumble rumble…in the jungle!

Barullo, liorta, rumor, algarabía, bulla, rebuldaina, rebumbio... Todos estes e máis son sinónimos da primeira palabra que da título a este post. Ás veces nós memxs podemos desfrutar da cantidade de sinónimos que contamos na nosa lingua para designar un concepto, tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, pero que sen dúbida pertence á nosa propia... Continue Reading →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Un ano máis, na Biblioteca Infantil e Xuvenil invitamos aos máis pequechos a pasar as tardes de sábado entre libros, os seus protagonistas e cancións que acompañan. Coma sempre intentamos que os futuros novos lectores pasen uns momentos agradables e divertidos na biblioteca, onde, a través da estimulación temperá e nutrindo a súa contorna, axudamos ao desenvolvemento... Continue Reading →

Libros en directo: encontro con Jordi Sierra i Fabra no Centro Ágora

Por cuarto ano consecutivo, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina o ciclo Libros en directo, unha serie de encontros con autores de recoñecido prestixio que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes. Durante a conversa con Pedro Ramos, coordinador e presentador do ciclo, os autores invitados... Continue Reading →

Comezamos os Bebencontros na Biblioteca Forum

Érase unha vez... Unha ratiña moi presumida… deste modo comezamos o pasado 17 de outubro os Bebencontros na Biblioteca Forum Metropolitano. Da man deste conto clásico ilustrado por Chantal Vizcaino e doutras historias. Despertamos a curiosidade dos bebés musicando o conto: Un caracol? de Guido Van Genechten, no que ao ir despregando, o caracol da... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: