CantoConto!: Xa son maior!

Como xa adiantamos nun post anterior, neste mes de outubro, inauguramos un novo programa nas Bibliotecas Municipais adicado a nenos e nenas de 2 e 3 anos e as súas familias: CantoConto! A lectura favorece un mellor desenrolo afectivo e psicolóxico nos nenos, dálles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que desfrutan, maduran e... Continue Reading →

“Imprescindibles” nas lecturas miúdas

Mesturamos contos, arte e natureza para celebrar o Día da Biblioteca! O pasado sábado, 24 de Outubro, quixémoslle rendir unha pequena homenaxe á biblioteca e a todas aquelas persoas que a fan posible. Como vehículo, o desfrute dunha actividade de promoción lectora baseada na creatividade. Amosamos a ilustración como método de aprendizaxe para traballar a... Continue Reading →

Nova actividade para raparigos de 2 e 3 anos: CantoConto!

Os cativos e cativas que o ano pasado acudian ós bbencontros crecen, por iso este ano temos un novo programa para dar continuidade a ese achegamento ao mundo dos libros e a lectura: Nace CantoConto!, unha actividade para nen@a de 2 e 3 anos. CantoConto! é un contacontos diferente, familiar, para cantar, bailar, escoitar e compartir historias que... Continue Reading →

BEBESCENA + EXPRESIÓN CORPORAL

Apetécevos xogar nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións? Ou voar con dous paxariños pequeniños que chían para descubrir o mundo a través das cancións? Imaxinádesvos viaxando nun sofá-tren ou nunha alfombra-espello? Non hai moito que compartimos neste blog a apertura do programa BEBESCENA: unha achega “miúda” ás Artes... Continue Reading →

Chegou o Outono!

Parece unha obviedade anunciar a chegada do Outono cando xa levamos 15 días de nova estación. Mais non é soamente o cambio de estación, senón o inicio e desenvolvemento dunha estación máxica, chea de opcións, chea de cores, de follas, de rituais... E por ese motivo, da man da pequena toupiña Mole -moi importante para... Continue Reading →

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: