Pablo Díaz 1
Hai uns días, na biblioteca Monte Alto, tivemos a inmensa ledicia de recibir a un dos nosos artistas favoritos: Pablo Díaz. Co seu espectáculo “Cantacontos para bebés” trata temas e rutinas dos máis pequenos, onde a fantasía e a ilusión son os protagonistas.

Pablo Díaz 2

Pablo Díaz 3
Pablo, como xa é habitual nel, cantou e contou contos con moita tenrura e paciencia. Gozamos da poesía con “Crocodilo” e “Lúa“, de Kalandraka, de contos como “Un becho estraño” e “Paco“, e das cancións do seu último disco: “Xente miúda moita fartura“.

Pablo Díaz 4
Xogou cos nenos, asinou autógrafos, atendeu ás peticións de bis e foi un verdadeiro encanto. Esperamos que poida volver moi pronto por aquí, porque nas bibliotecas municipáis da Coruña somos moi fans súas. Grazas, Pablo!